Arturo Reguera López, nado en Lugo en 1945, é un profesor e editor galego.
Traxectoria
Estudante na Universidade de Santiago de Compostela, foi sancionado coa perda de curso en 1968.La Voz de Galicia, 29-3-1968, p. 7. Licenciado en Ciencias económicas. Foi profesor de Informática no Instituto San Clemente de Santiago de Compostela ata a súa xubilación en 2011. Foi coordinador da Gran Enciclopedia Gallega e director da Editorial Sálvora. Dirixiu o proxecto do Atlas de Galicia (1982), bilingüe, de Ediciones NOS. En 2016 editou o libro Castrelo de Miño, loita, represión, espolio, desastre ecolóxico, desastre humano. Vive en Grândola (Portugal).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
, Xesús (17/2/2017). "Arturo Reguera, cervantista" La Voz de Galicia
Ligazóns externas
Sobre Arturo Reguera ourense-natural.es. "Sen Castrelo de Miño, toda a comarca do Ribeiro e a produción de viño quedaron feridas" (11/6/2016). Praza.gal.
Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Profesores de educación secundaria
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Lugo
Categoría:Nados en 1945 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Represaliados polo franquismo