Rogelio Rivas Abal, nado en Vigo o 7 de agosto de 1944 e finado o 26 de abril de 2025, foi un atleta galego. Foi tres veces campión de España dos 400 metros lisos, bateu varios récords nacionais e competiu na proba dos 100 metros lisos nos Xogos Olímpicos de 1964.
Traxectoria miniatura|240px|A cidade de Vigo ós seus atletas. Comezou a practicar atletismo na súa cidade natal, nas filas da sección atlética do Celta de Vigo. Adestrado por Alfonso Posada comezou a destacar rapidamente, e en 1961 correu os 100 metros en 10,9 segundos e os 400 en 22,3 segundos, o que supuxo senllos récords nacionais xuvenís. Ese mesmo ano proclamouse campión de España xuvenil dos 100 e dos 200 m, títulos que repetiu ao ano seguinte. Entrou en 1962 na Residencia Blume de Madrid, onde pasou a ser adestrador por José Luis Torres, e ese mesmo ano participou nos Xogos Iberoamericanos celebrados na capital española, obtendo o quinto posto nos 100 metros lisos, nunha carreira que gañou o venezolano Rafael Romero. Participou tamén na proba de 4×100, xunto a José Luis Sánchez Paraíso, José Rodríguez Quinteiro e Melanio Asensio, quedando na cuarta posición e igualando o récord de España. Rematou o ano batendo o récord de España dos 200 metros nas pistas de Montjuic.
En abril de 1964 bateu en Madrid o récord de España dos 100 metros lisos, cun tempo de 10,4 segundos, unha décima máis rápido que o que fixera Melanio Asensio tres anos antes. Con esta marca conseguiu a clasificación para os Xogos Olímpicos de Tokyo dese mesmo ano. No Estadio Olímpico da capital xaponesa, sobre a pista enchoupada pola choiva, realizou unha mala saída e cun tempo de 11,12 segundos quedou último dunha serie gañada polo cubano Enrique Figuerola, que na final se proclamaría subcampión olímpico por detrás de Bob Hayes.
En 1965 gañou o seu primeiro título nacional absoluto, ao proclamarse campión de España dos 400 metros lisos, e gañou de novo en 1967 e 1970. Nos Xogos Mediterráneos de 1967 en Tunes gañou dúas medallas de prata, nos 400 e nos 4×400. Foi ademais seis veces campión de Galicia (3 veces en 200 m, 2 veces en 400 m e unha vez en 4×400 m).
Aparellador de profesión, nos seus últimos anos como atleta deixou o Celta para competir pola Universidade de Oviedo, entidade para a cal estaba realizando obras.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Datos do atleta no sitio web oficial do Comité Olímpico Internacional . Datos do atleta no sitio web oficial da Asociación Internacional de Federacións de Atletismo . Datos do atleta en olympedia.org .
Categoría:Nados en 1944 Categoría:Finados en 2025 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Atletas olímpicos de Galicia Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1964 Categoría:Velocistas