Para outros artigos de persoas co mesmo apelido, véxase a páxina de homónimos Barre
Jacques Jean Barre, nado en París o 3 de agosto de 1793 e finado na mesma cidade o 10 de xuño de 1855, foi un medallista e gravador de selos postais, de billetes e de moedas francés.
En 1843 foi designado como 17º gravador xeral de moedas de Francia, posto no que foi o sucesor de Nicolas Pierre Tiolier e no que foi relevado en 1855 polo seu fillo, Désiré Albert Barre."Graveurs Généraux des Monnaies". En Mazerolle, F. (1907). Páxinas 173-174.
Traxectoria Barre naceu en París o 3 de agosto de 1793.Rodot, N. (1904). Páxina 380. A orde do seu primeiro e do seu segundo nome varía segundo as fontes, e adoita se "Jean-Jacques" nas publicacións relacionadas coa numismática e "Jacques Jean" nas de orientación filatélica."Barre, Jean Jacques. París, 1793 - París, 1855". Museo del Prado.
Con 17 anos, en 1810, ingresou como gravador na Monnaie de Paris, como aprendiz do gravador xeral Nicolas Pierre Tiolier.Forrer, L. (1916). Páxina 131.
En 1919 participou na exposición do Salón de París con grande éxito cun cadro de medallas. Posteriormente foi un asiduo participante nestes salóns entre 1822 e 1846, onde amosou as súas medallas, cuños, retratos etc. Tamén participou nas exposicións anuais de Belas Artes de París. A súa produción de medallas, varias delas de temática masónica, foi constante durante o seu período de actividade.Bellier de La Chavignerie, E. (1882).Forrer, L. (1916). Páxinas 128-131.
En 1834 encomendóuselle o gravado dalgunhas probas para moedas a nome de Lois Filipe I (1830-1848), que finalmente non foron adoptadas.Probas de Barre para Lois Filipe I: "1 décimo 1840" e "10 cents. 1848". Numista.com Logo do falecemento en 1842 de Nicolas Pierre Tiolier, Barre foi designado para ocupar o seu posto como gravador xeral e, no exercicio do seu cargo, o rei Lois Filipe I encargoulle, entre outros traballos, unha serie de grandes retratos de numerosos membros da familia real reproducidos en medallóns de xeso.Mazerolle, F. (1907). Páxina 88. Así emsmo, encargouse do deseño e a supervisión do gravado dun novo modelo de billetes de 500 e de 1.000 francos iniciado en 1842.Fayette, C. (2003). Les billets de la Banque de France et du Trésor (1800-2002). C. Fayette Éd. ISBN 978-2951634312
miniatura|Deseño do Gran Selo de Francia, obra de Jacques-Jean Barre (1848).Publicado en L'Illustration, 28 de outubro de 1848.
Xa baixo a II República (1848-1852), en 1848 foi o autor da matriz para unha nova versión do Gran Selo da República Francesa, e tamén do da Asemblea Nacional. Do mesmo xeito, ese mesmo ano foi o encargado do deseño e do gravado dos primeiros selos postais de Francia, coa efixie de Ceres, e posteriormente tamén dos emitidos co busto de Napoleón III (1852-1870), que serían logo impresos na Casa da Moeda de París por Anatole Hulot en 1876.Barre, H. R. (1978). “Les Barre, graveurs généraux des Monnaies, créateurs des premiers timbres poste français et grecs”. En Le Club français de la médaille, Bulletin n° 61. 2º semestre. Páxinas 81-85."Cérès, première émission de France, 1849". En Le trésor philatélique du trimestre. Nº 14.Catálogo dos selos deseñados por J. J. Barre. Timbres de France.
Logo de se ter ocupado moi pouco das moedas durante a II República, agás a moeda de cinco francos retomada do tipo deseñado por Augustin Dupré, tivo que esperar á elección de Luís Napoleón Bonaparte (futuro Napoleón III) como presidente da República, en decembro de 1848, para que se lle encomende o gravado de cuños monetarios. Durante o curto período republicano antes do golpe de Estado do 2 de decembro de 1851, fixo o gravado das moedas de 5 francos e de 1 franco coa efixie espida de Luís Napoleón, que levaban nas lendas dos seus reversos a mención RÉPUBLIQUE FRANÇAISE."1 franc Louis Napoléon" e "5 francs Louis Napoléon". Numista.com E despois, proclamado o Imperio en 1852, gravou as mesmas moedas pero esta volta coas lendas NAPOLÉON III EMPEREUR no anverso e EMPIRE FRANÇAIS no reverso."1 franc Napoléon III" e "5 francs Napoléon III". Numista.com miniatura|Jacques Jean Barre foi o gravador deste rappen suízo de 1910."1 Rappen Wreath; bronze". Numista.com Ademais de moedas francesas, Barre gravou tamén as moedas de 1 e de 2 céntimos de Suíza que se cuñaron entre 1850 e 1946, sobre deseños de Alexander Hutter."1 rappen" e "2 rappen". Numista.com
En 1834, Jacques Jean Barre recibiu a cruz da Lexión de Honra.Forrer, L. (1916). Páxina 130.
En 1855, afectado por unha doenza, dimitiu das súas funcións como gravador xeral de Francia, posto no que foi sucedido primeiro polo seu fillo máis novo Désiré Albert Barre e a continuación polo seu fillo máis vello, Jean Auguste Barre.
Escolma de traballos
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Bellier de La Chavignerie, E. (1882). "Barre (Jean-Jacques)". En Dictionnaire général des artistes de l'École française depuis l'origine des arts du dessin jusqu'à nos jours: architectes, peintres, sculpteurs, graveurs et lithographes. Tomo 1. Renouard, París. Páxina 45. Forrer, L. (1916). "Barre, Jean Jacques". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol I. Spink & Son, Londres. Páxina 127-131. Mazerolle, F. (1907). L'Hôtel des monnaies: les batiments, le musée, les ateliers. Renouard, París. Marx, R. (1897). Les Médailleurs français depuis 1789, notice historique, suivie de documents sur la glyptique au XIXe siècle. Société de propagation des livres d'art, París. Rodot, N. (1904). Les médailleurs et les graveurs de monnaies, jetons et médailles en France. Leroux, París.
Outros artigos Gravador xeral de moedas de Francia Monnaie de Paris
Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1793 Categoría:Finados en 1855 Categoría:Deseñadores de moeda de Francia Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Personalidades da filatelia Categoría:Pintores de Francia Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra