Enrique Yáñez Álvarez, coñecido como Chaval de Ricosende, nado en Ricosende (Soutadoiro, Carballeda de Valdeorras) en 1925 e finado en xaneiro de 1951, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Labrego, militante do PCE, era enlace da geurrilla. Queimado como enlace, foi incorporado á Federación de Guerrillas de León-Galicia en 1946 no grupo comandado por Manuel Girón Bazán. En 1948 integróuse no Destacamento Santiago Carrillo da II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. No outono de 1949 conseguiu fuxir a Francia xunto coa súa compañeira Felicitas Martínez Villarpriego. Volveu á súa aldea en agosto de 1950, xa enfermo de tuberculose. Perseguido pola policía, fuxiu novamente coa guerrilla. Morreu dun tiro na caluga en Cunas (Truchas) a finais de xaneiro de 1951, probablemente polos disparos dun compañeiro ante a gravidade da súa enfermidade. En 1952 publicouse unha orde de busca e captura contra el.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Carballeda de Valdeorras Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 1947