En encimoloxía, unha amidase (, acilamidase, acilase (termo confuso), amidohidrolase (ambiguo), desaminase (ambiguo), acilamidase de ácido graxo, N-acetilaminohidrolase (ambiguo)) é un encima que cataliza a hidrólise dunha amida:

400px

Así, os dous substratos deste encima son amidas de ácido monocarboxílico e a H2O, mentres que os seus dous produtos son monocarboxilatos e NH3.

Este encima pertence á familia das hidrolases que actúan sobre enlaces carbono-nitróxeno que non son enlaces peptídicos de proteínas, especificamente amidas lineais. O nome sistemático desta clase de encimas é acilamida amidohidrolase. Outros nomes de uso común son acilamidase, acilase, amidohidrolase, desaminase, acilamidase de ácido graxo e N-acetilaminohidrolase, pero algúns son ambiguos. Este encima participa en 6 rutas metabólicas, que son: ciclo da urea e metabolismo dos grupos amino, metabolismo da fenilalanina, metabolismo do triptófano, metabolismo de cianoaminoácidos, degradación do aminobenzoato e degradación do estireno.

As amidases conteñen un tramo conservado de aproximadamente 130 aminoácidos coñecido como secuencia AS. Están moi estendidas entre os seres vivos e encóntranse tanto en procariotas coma en eucariotas. Os encimas AS catalizan a hidrólise dun enlace amida (CO-NH2), aínda que a familia diverxeu moito en canto á especificidade de substrato e función. Non obstante, estes encimas mantaeñen unha estrutura central alfa/beta/alfa, na que as topoloxías das metades N- e C-terminais son similares. Os encimas AS caracterízanse por ter unha rexión C-terminal moi conservada rica en residuos de serina e glicina, pero carente de residuos de ácido aspártico e histidina, e, por tanto, difiren das serina hidrolases clásicas. Estes encimas posúen unha tríade catalítica única moi conservada Ser-Ser-Lys usada para a hidrólise da amida, aínda que o mecanismo de catálise para a formación do intermediario acil-encima pode ser diferente en distintos encimas.

Exemplos de encimas que conteñen a sinatura AS son:

Péptido amidase (Pam), que cataliza a hidrólise do enlace amida C-terminal de péptidos. Ácido graxo amida hidrolases, que hidrolizan ácidos graxos (por exemplo o cannabinoide anandamida e a oleamida indutora do sono), controlando así o nivel e duración da sinalización celular inducida por esta clase diversa de transmisores lipídicos. Malonamidase E2, que cataliza a hidrólise do malonamato a malonato e amoníaco e que está implicada no transporte do nitróxeno fixado polos bacteroides cara ás células das plantas no metabolismo do nitróxeno simbiótico. Subunidade A da Glu-tRNA(Gln) amidotransferase, un encima heterotrímero que cataliza a formación de Gln-ARNt(Gln) pola transamidación de Glu-tRNA(Gln) mal acilados por amidólise de glutamina.

En 2018 resolvéranse 162 estruturas de encimas desta familia, ás que se pode acceder en Pfam .

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Familias de proteínas Categoría:Hidrolases