Led Zeppelin III é un disco da banda de rock inglesa Led Zeppelin, publicado no 5 de outubro de 1970, pola discográfica Atlantic.

Neste álbum o grupo afonda máis nos compoñentes folk do seu repertorio, sendo a maioría dos temas deste xénero. Deixando o rock máis duro, xa amosado no anterior disco, nun segundo plano, pero con pezas de gran calidade que acabarían sendo das máis coñecidas da banda, como pode ser "Immigrant Song". O disco provocou críticas, unhas criticando que as cancións máis duras eran simple e gratuíto ruído, mentres que o material acústico foi tachado de imitación de Crosby, Stills, Nash & Young. Aínda con todo conseguiu chegar ó máis alto das lista inglesa e anericana.

O disco xorde durante unhas vacacións de Page e Plant cuns amigos despois das vertixinosas xiras. Foron ata unha cabana en Bron-y-Aur (Gales). Así foron influídos pola atmosfera que respiraban naquel retiro, reflectido en declaracións da banda en relación co disco:

Posteriormente gravaron os temas en Headley Grange, unha mansión en Hampshire (co estudio ambulante dos Rolling Stones) e os estudios Island en Londres.

Lista de cancións "Immigrant Song" (Jimmy Page, Robert Plant) – 2:25 "Friends" (Page, Plant) – 3:54 "Celebration Day" (Page, Plant, John Paul Jones) – 3:29 "Since I've Been Loving You" (Page, Plant, Jones) – 7:23 "Out on the Tiles" (Page, Plant, John Bonham) – 4:07 "Gallows Pole" (tradicional arranxada por Page, Plant) – 4:56 "Tangerine" (Page) – 3:10 "That's the Way" (Page, Plant) – 5:37 "Bron-Y-Aur Stomp" (Page, Plant, Jones) – 4:16 "Hats off to (Roy) Harper" (tradicional) – 3:42

Créditos Jimmy Page - Guitarra acústica, eléctrica, pedal steel, segundo vocalista e produtor Robert Plant - Vocalista, harmónica John Paul Jones - Baixo, órgano, mandolina, segundo vocalista John Bonham - Percusión, segundo vocalista Peter Grant - Produtor executivo Andy Johns - Enxeñeiro, mesturas Eddie Kramer - Mesturas (canción 6) Zacron - Creativo visual

Categoría:Álbums de Led Zeppelin Categoría:Álbums musicais de 1970 Categoría:Álbums de Atlantic Records