Samuel Joseph Fogarino, nado en Filadelfia, Pensilvania o 9 de agosto de 1968, é o batería da banda de Nova York Interpol. Comezou a tocar a batería aos 13 anos. Coñeceu ao guitarrista Daniel Kessler en 1997 cando estaba mercando un disco nunha tenda de roupa en Brooklyn. Con máis de dez anos de experiencia, uniuse a Interpol no ano 2000 despois de que o batería orixinal, Greg Drudy deixase a banda. Fogarino fixo o seu primeiro concerto co grupo o 20 de maio dese ano.
A comezos do 2007, Fogarino xuntouse co excantante de Swervedriver Adam Franklin para crear unha banda chamada The Setting Suns. Dende aquela, o dúo cambiou o seu nome para Magnetic Morning e lanzaron un EP de seis cancións de iTunes.
Categoría:Baterías Categoría:Nados en 1968 Categoría:Nados en Filadelfia, Pensilvania Categoría:Interpol (grupo musical)