Hasta que la boda nos separe é un filme español de 2020 dirixido por Dani de la Orden. É un remake de «Jour J» de Reem Kherici. Está protagonizada por Belén Custa, Álex García, Silvia Alonso, Adrián Lastra, Antonio Dechent, Gracia Olayo, Mariam Hernández, Salva Reina e Leo Harlem.
Sinopse Marina é unha muller duns trinta anos que gaña a vida organizando vodas. Ao contrario dos seus clientes, ela goza dunha vida sen ataduras nin compromisos, ata que unha noite coñece a Carlos, un amante máis para ela e un momento de debilidade para el. Carlos ten noiva, Alexia, unha moza perfecta e amiga de infancia de Marina. Cando Alexia descobre a tarxeta de visita de Marina entre as cousas de Carlos, interprétao como unha proposta de matrimonio e di que si de inmediato.
Personaxes Belén Cuesta como Marina Álex García como Carlos Silvia Alonso como Alexia Adrián Lastra como Ben Antonio Dechent como Arturo Gracia Olayo como Lourdes Mariam Hernández como Irene Salva Reina como o capitán do barco Leo Harlem como Padre Emilio Malena Alterio como a chef do restaurante Antonio Resines como o padriño da primeira voda Jordi Sánchez como o representante artístico
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2020 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Dani de la Orden Categoría:Filmes sobre vodas Categoría:Filmes de Atresmedia Cine