Xudite decapitando Holofernes é unha pintura ao óleo sobre lenzo de 199 cm de alto por 162,5 cm de largo, realizada contra o 1620 pola pintora italiana Artemisia Gentileschi. Consérvase na Galería Uffizi de Florencia.

Historia Xudite decapitando Holofernes, é un tema que está presente en varios artistas, especialmente Caravaggio que, polo 1602, realizou unha obra ilustrando esa escena e que hoxe se conserva en Roma, no Palazzo Barberini (Galería Nacional de Arte Antiga). O episodio ao que se refire a obra está narrado no Libro de Xudite, e nel, se presenta á heroína bíblica, quen xunto coa súa criada, van ao campamento inimigo onde primeiro engana e despois decapita a Holofernes, o xeneral asirio inimigo.

É unha obra da que a autora fixo dúas versións. A máis antiga, perfectamente semellante a esta, é un pouco máis pequena e con cores diferentes, está exposta no Museo Nacional de Capodimonte de Nápoles e leva o mesmo título.

Esta versión florentina foi realizada para Cosme II de Médici mais, ao presentar un realismo tan cru, foi rexeitado e quedo agochado nun recuncho do Palazzo Pitti. Daquela, Artemisia tivo que demanda-la mediación de Galileo Galilei, con quen mantivo un contacto amigable, para reclamar a remuneración acordada pola obra.Galleria degli Uffizi - guida ufficiale (ed. actualizada en 2019)

Descrición O cadro parece estar pintado con maior coidado e paciencia que a primeira versión pintada polo artista uns anos antes: tanto os tecidos da escena como as actitudes dos personaxes son variados e descríbense con maior precisión, facendo que a obra sexa máis suntuosa e cohesionada. As tres figuras claramente dispostas nun triángulo (composición triangular) fan movementos estudados e precisos e a torsión do busto de Xudite engade dinamismo á escena.

Destácase a rotación do brazo dereito do protagonista e o esforzo que está a facer a muller para rematar a decapitación. O fondo escuro, profundo e misterioso fai que o macabro evento sexa aínda máis central e atractivo.

A pintora engadiu moitos detalles á escena, como a pulseira de ouro con camafeos antigos de Judith na que aparece unha representadión da deusa da mitoloxía grega, Artemisa,

A devandita pulseira, xunto co peiteado preciso e o vestido amarelo de damasco, diferencian a protagonista da súa serva, amosando as diferenzas de clase social. As dobras do veludo vermello da manta do xeneral asirio, as sabas de liño e as cortinas renderizáronse grazas a múltiples pasaxes e esmaltes.

Outro elemento de novidade en comparación co primeiro cadro é a enorme presenza do sangue: dende o pescozo de Holofernes brota unha fonte de macabro realismo e todo o cadro está impregnado de gotiñas vermellas obtidas salpicando o colorante vermello directamente do pincel. Entre os detalles máis minuciosos podemos destacar o encaixe da camisa de Judith e os flecos da saba na parte inferior esquerda do cadro.

Análise A análise da imaxe, dende o punto de vista psicolóxico, levou a algúns críticos contemporáneos a ver o desexo feminino de vinganza con respecto á violencia sexual sufrida a mans do colega de seu pai, Agostino Tassi.

Cando Artemisia tiña dezasete anos, a súa veciña, unha muler maior chamada Tuzia, deixou que Tassi entrase na casa de Artemisia a través dunha porta contigua. Alí mesmo a violou, mentres Artemisia berraba pedindo axuda. O pai de Artemisia, Orazio Gentileschi, demandou a Tassi pola violación.Quinn, 2017 Durante o xuízo, Artemisia relatou o altercado con Tassi e o seu esforzo por se defender, afirmando: "Despois de facer os seus negocios, saíu de min. Cando estiven libre, fun ao caixón da mesa, tomei un coitelo e dirixinme cara a Agostino, dicindo: 'Gustaríame matarte con este coitelo porque me deshonraches".

Non obstante, é difícil facer unha lectura máis axeitada e suxestiva que a que xa fixera Roberto Longhi en 1916:

As consideracións feitas sobre este cadro por Roland Barthes engaden elementos que aclaran aínda máis a súa orixinalidade iconográfica, incluso en comparación coa Xudite de Caravaggio:Menzio, 2014

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Xudite decapitando Holofernes (Artemisia Gentileschi, Nápoles) Xudite decapitando Holofernes (Caravaggio) Libro de Xudit

Ligazóns externas

Imaxe de alta resolución en Google Art Project

Categoría:Cadros da Galería Uffizi Categoría:Obras pictóricas de Artemisia Gentileschi Categoría:Pintura do Barroco