Francisco Javier Hermida Freijomil, nado en Ferrol o 8 de abril de 1968, é un ex-regatista galego, que competía nas clases Star e Soling.
Foi subcampión do mundo de Soling de 1997 e subcampión europeo de Star en 1993. Participou nos Xogos Olímpicos de 1996, xunto con José Luis Doreste, conseguindo un sétimo posto e o diploma olímpico.
Traxectoria Nacido en Ferrol, aos 4 anos trasladouse ás Illas Canarias, a onde foi destinado seu pai, mariño de guerra. Comezou a practicar vela aos nove anos en Lanzarote e en 1989 disputou o seu primeiro Campionato do Mundo de Star facendo parella co campión olímpico Alejandro Abascal. Anos despois comezou a competir co experimentado José Luis Doreste, cinco veces olímpico e medalla de ouro en Seúl 1988. Foron subcampións europeos en 1993 en Dinamarca e competiron xuntos no Campionato do Mundo de Star entre os anos 1993 e 1996, sendo o seu mellor resultado o sexto posto de 1993. En 1996 participaron nos Xogos Olímpicos de Atlanta, tamén na clase star, rematando no sétimo lugar, obtendo así un diploma olímpico.
En 1997 foi subcampión mundial da clase soling en Copenhague, navegando xunto a Manuel Doreste e José Luis Wood. Ao ano seguinte disputou unha nova edición do Mundial de Star, esta vez xunto a José María van der Ploeg, rematando na sexta praza.
Tras deixar as competicións, converteuse en adestrador, logrando os seus pupilos varios campionatos e subcampionatos de España. En 2014 regresou a Ferrol, onde se puxo á fronte da sección de vela do Club Grupo Bazán.
Palmarés internacional Campionato MundialAnoLugarMedallaClase1997 Copenhague PrataSolingCampionato Europeo Ano Lugar Medalla Clase1993 Skødstrup PrataStar
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Datos do regatista no sitio web oficial da Federación Internacional de Vela . Datos do regatista no sitio web oficial do Comité Olímpico Internacional .
Categoría:Nados en 1968 Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Regatistas olímpicos de Galicia Categoría:Regatistas nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Adestradores de Galicia