Richard Sperry Yeoman, nado o 15 de agosto de 1904 e finado o 9 de novembro de 1988 en Tucson, Arizona, foi un coleccionista de moedas estadounidense e autor de catálogos numismáticos vinculado desde a década de 1930 á editorial Whitman Publishing.
Traxectoria O seu apelido de nacemento era Yeo, e Yeoman foi o pseudónimo que utilizou nas súas publicacións.Smith, P. (2012).
Cando na súa infancia traballaba como repartidor de xornais, caeu nas súas mans unha moeda dun centavo tipo Indian Head que lle chamou a atención e foi o inicio da súa colección numismática.
Yeoman cursou os seus estudos superiores na Universidade de Wisconsin en Madison e a continuación comezou a traballar na editora Whitman Publishing Company, en Racine, onde se ocupou do deseño e a comercialización dos expositores e álbums para coleccións de moedas que a empresa producía, ata que finalmente acabou por adquirir os dereitos de fabricación destes populares produtos, mantendo a marca primitiva.Boye, R. (1988).
Na década de 1940 comezou a publicar en Whitman Publishing os seus propios catálogos de moedas dos EEUU e mundiais, que se fixeron moi coñecidos entre os coleccionistas e nos que introduciu un sistema de numeración propio. A partir da súa xubilación en 1970 foi sucedido polo seu ata entón axudante Kenneth E. Bressett, na redacción dos catálogos, aínda que Yeoman segue a figurar como autor en todas as edicións posteriores actualizadas.
Yeoman formou parte da American Numismatic Association (ANA) e en 1946 ingresou no seu comité de dirección. En 1973 dooulle á ANA un conxunto de 1764 moedas da súa colección particular. Tamén foi un dos membros da Assay Commision dos EEUU en 1964.
O 9 de novembro de 1988 morreu en tanto que conducía o seu automóbil preto da súa casa en Tucson, Arizona.
Vida persoal Yeoman casou con Marion Junkerman, con quen tivo unha filla.
Recoñecementos
1952: Medalla ao mérito, da American Numismatic Association (ANA)."ANA Past Award Recipients". American Numismatic Association. 1956: Premio Farran Zerbe Memorial, da ANA."Farran Zerbe Memorial Award ". American Numismatic Association. 1977: Premio Clemy, do Numismatic Literary Guild."The Clemy Award Winners ". Numismatic Literary Guild. 1977: Premio Embaixador Numismático, de Florida United Numismatists (FUN)."Numismatic Ambassador Award Winners". Florida United Numismatists (FUN). 1996: Premio Robert Friedberg, do Gremio de Numismáticos Profesionais dos Estados Unidos."Robert Friedberg Award". Professional Numismatists Guild (PNGdealers.org).
Publicacións Estas son os catálogos publicados por Ricrad S. Yeoman ao longo da súa carreira."Yeoman, R. S. (Richard S.)". WorldCat Identities.
(1941). Handbookof United States Coins. Whitman, Racine (WI). (1947). A Guide Book of United States Coins. Whitman, Racine (WI). (1957). A Catalogue of Modern World Coins. Whitman, Racine (WI). (1961). Moneys of the Bible. An illustrated digest of the coinage of Biblical times with Scriptural references. Whitman, Racine (WI). (1966). Current Coins of the World. Whitman, Racine (WI).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Boye, R. (1988). "A tribute to Richard S. Yeoman". En Chicago Tribune. 27 de novembro de 1988. Smith, P. (2012). "Yeoman, Richard S(perry)". En American Numismatic Biographies. Páxina 391.
Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1988 Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Galardoados co premio Clemy Categoría:Galardoados co premio Robert Friedberg Categoría:Coleccionistas Categoría:Alumnos da Universidade de Wisconsin-Madison Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados en Milwaukee, Wisconsin