Mel Brooks, nado co nome de Melvin Kaminsky en Brooklyn, Nova York, o 28 de xuño de 1926, é un actor, director e produtor norteamericano.

Traxectoria Naceu nunha familia xudía procedente de Rusia. Durante a segunda guerra mundial serviu no corpo de enxeñeiros en África do norte.

Xa de regreso nos Estados Unidos traballou actuando en pequenos locais como comediante e como guionista de comedia para da serie televisivas Your Show of Shows. Con Buck Henry creou en 1965 a serie de éxito Get Smart, e en 1975 When Things Were Rotten unha parodia de Robin Hood. No mundo do cine é o onde Mel Brooks conseguiu o seu meirande éxito como produtor de comedias e tamén con filmes de culto como The Elephant Man.

Obras Escritor e director Os productores (1968) The Twelve Chairs (1970) (tamén actor) O mozo Frankenstein (1974) Selas ardentes (1974) (tamén actor) Silent Movie (1976) (tamén actor) High Anxiety (1978) (tamén actor) History of the World, Part I (1981) (tamén actor/produtor) Spaceballs (1987) (tamén actor/produtor) Life Stinks (1991) (tamén actor/produtor) As tolas, tolas aventuras de Robin Hood (1993) (tamén actor/produtor) Dracula: Dead and Loving It (1995) (tamén actor/produtor)

Teatro The Producers (2001) All-American (1962)) Shinbone Alley (1957)

Outras The Producers (actor,produtor) Your Show of Shows (TV) (1950 - 1954) (escritor) Get Smart (TV) (1965 - 1970) (creador, escritor) Robots (2005) (voz) The Producers (2005) (escritor, produtor) Curb Your Enthusiasm: Season 4 (actor) Jakers! The Adventures of Piggley Winks (2003-present) (voz de Wiley the Sheep) To Be or Not to Be (1983) (actor) The Fly (1986) (produtor) The Fly II (1989) (produtor) The Elephant Man (1980) (produtor executivo)

Categoría:Actores de Nova York Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Produtores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Humoristas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Brooklyn Categoría:Nados en 1926 Categoría:Óscar ó mellor guión orixinal