Xosé Cuíña Crespo, nado en Prado (Lalín) o 25 de febreiro de 1950 e finado en Santiago de Compostela o 28 de decembro de 2007, foi un empresario e político galego.

Traxectoria política Alcalde de Lalín Fillo de Luis Cuíña Fondevila, muiñeiro,O Muíño de Cuíña e Isolina Crespo Taboada.Madre y testaferro de Cuíña Fixo o bacharelato no Instituto Laboral de Lalín. Trasladouse a Medina del Campo para facer estudos na área agrícola e despois fixo algúns anos da carreira de Bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela. En 1971 foi nomeado concelleiro de Lalín continuando no posto ata 1979, e accedeu como independente á alcaldía de Lalín nas primeiras eleccións democráticas.

Posteriormente ingresou no Partido Popular de Galicia co que continuou á fronte da alcaldía dezá gañando as eleccións municipais de 1983 e 1987 con maioría absoluta, posto que simultaneou co de presidente da Deputación de Pontevedra entre 1987 e 1990, e co de deputado no Parlamento de Galicia dende 1989.

Conselleiro de Obras Públicas Logo das eleccións que lle outorgaron a maioría absoluta ao Partido Popular de Manuel Fraga, en 1990, Xosé Cuíña converteuse no home forte do executivo ao ocupar a carteira de conselleiro de Obras Públicas. Desde este cargo, impulsou unha rede de vías de alta capacidade entre as que se atopan: a autoestrada A-55 A Coruña-Carballo, a autoestrada A-57 Vigo-Baiona, a autovía Ferrol-As Pontes, o corredor central Lalín-Chantada-Monforte CRG2.1, a vía rápida do Salnés VRG-4.1 e a vía rápida da Barbanza VRG-1.1. Tratábase con elas de poñer fin ao tradicional déficit galego en comunicacións terrestres. Así mesmo, dispuxo a redacción da Lei 10/1995 de Ordenación do Territorio de Galicia, aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia aínda que de escaso desenvolvemento e execución. Co fin de poñer fin ao caos urbanístico de Galicia e frear a desaparición da arquitectura rural asinou coas sete cidades de Galicia, así como como outros concellos diversos e a FEGAMP o Acordo Marco para a reforma do urbanismo de Galicia de data 27 de xullo de 2001.Galicia 2003, Xunta de Galicia ISBN 84-453-3459-X pax. 333 Froito dese acordo foi a Lei 9/2002 de 30 de decembro de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia. Esta lei supuxo unha maior protección do litoral coa ampliación da servidume de costas de 100 aos 200 metros desde o dominio público marítimo terrestre. A través do Instituto Galego da Vivenda e Solo e as empresas públicas Xestur creou máis de 6 millóns de metros cadrados de superficie neta industrial e comercial nos 39 parques construídos.Galicia 2003, opus cit. pax 340 Puxo en marcha uns programa de rehabilitación de vivenda rural e a erradicación do chabolismo e da infravivenda con máis de 30.000 actuacións.Galicia 1997, Xunta de Galicia ISBN 84-453-1915-9, pax. 275 Espallou pola xeografía do país diversas actuacións en materia de equipamentos urbanos (Conservatorio de Lalín, edificio multiúsos de Vilalba, recinto feiral de Pontevedra, Sala de Congresos e exposicións de Baiona, auditorios de Cerceda, Cangas de Morrazo, Vilagarcía de Arousa, Ourense,...). Creou o ente Portos de Galicia a través do que dispuxo a mellora ou construción de peiraos, fondeadoiros, lonxas e instalacións náutico-deportivas.

Secretario Xeral do PPdG Simultaneou o cargo de conselleiro de Obras Públicas co de secretario xeral do partido incidindo na liña galeguista aberta por Manuel Fraga consonte o concepto de autoidentificación e a proposta de administración única. Así, na asemblea do PPdG de 24 de abril de 1991, defendeu un nacionalismo ben entendido "ata a fronteira da autodeterminación".A gran historia de Galicia, XIV, Volume 2, Os primeiros pasos da autonomía. Ed. La Voz de Galicia, 2007, pax. 125. ISBN 978-84-96931-32-9 A súa popularidade tiña como expresión os baños de masas da romaría do Monte Faro, concibida como unha xornada festiva e de reafirmación galeguista do PPdG que concentraba na súa Comarca de Deza aos máximos dirixentes do Partido.

Caída A partir de 1999 o seu poder comezou a esluírse. Primeiro foi substituído no cargo de secretario xeral do PPdeG en 1999 por Xesús Palmou, e logo, en 2003, do posto de conselleiro por Alberto Núñez Feijóo.Artigo en El Mundo sobre o destacado papel de Cuiña na política galega con mención á rebelión dos deputados ourensáns. A súa destitución, producida o 13 de xaneiro de 2003, foi derivada da crise do Prestige, e estivo supostamente motivada pola venda, por parte dunha empresa da súa familia de 8.500 traxes de auga e 3.000 pas aos equipos de limpeza do fuel a empresa Tragsa. Porén, estas acusacións nunca chegaron a probarse xudicialmente. O certo é que na Xunta "houbo serias discrepancias entre un bando encabezado por Cuíña, que avogaba por actuar máis e con autonomía respecto do goberno central e outro que prefería ir a remolque do que decidise Madrid".A Gran Historia de Galicia, opus cit. pax.193

Cuíña, que abandeirara posturas galeguistas dentro do Partido Popular, tentou reunir apoios para recuperar a presidencia do Partido Popular á marcha de Fraga. Porén, e malia diversos contactos con Xosé Luís Baltar, non conseguiu xuntar as sinaturas necesarias para competir polo posto. Mantivo a súa acta de deputado no Parlamento pola provincia de Pontevedra ata o seu falecemento.

Recoñecementos

Foi nomeado fillo predilecto de Lalín en 2008.Xosé Cuíña ya es hijo predilecto de Lalín por acuerdo unánime , El Correo Gallego, 25/04/08 Vida persoal Casou con María Carmen Aparicio Rodríguez e foi pai de Rafael e María Cuíña Aparicio. Faleceu aos 57 anos vítima dun choque séptico como consecuencia dunha pneumonía.Xosé Cuiña deixa orfa a dereita galeguista , Galicia Hoxe O seu cadaleito foi sepultado coa bandeira de Galicia e logo de que se interpretase o himno galego.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos

Eleccións municipais en Lalín

Categoría:Alcaldes de Lalín Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Presidentes da Deputación de Pontevedra Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1950 Categoría:Finados en 2007 Categoría:Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da V Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da VI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da VII Lexislatura do Parlamento de Galicia