Demetrio Bilbatúa Rodríguez, nado en Vigo o 17 de xaneiro de 1935, é un cineasta galego que desenvolveu case toda a súa carreira profesional en México. Nacionalizouse mexicano en 1970, logo dun incidente na fronteira guatemalteca mentres acompañaba o presidente mexicano Adolfo López Mateos. Traxectoria Fillo de Demetrio Bilbatúa Zubeldia, dunha familia de socialistas. Durante a guerra fusiláronlle ao pai e a dous tíos. A nai levou o neno cuns familiares que vivían na Coruña, onde pasou os seus primeiros anos de vida e onde aprendeu a ler e escribir na escola Concepción Arenal. Aos nove anos de idade chegou o exilio cara a México, onde forxou un intenso vencello coa cinematografía. En 1954 iníciase no cine mexicano ao carón do seu irmán Ángel e máis adiante asóciase con Agustín Barrios Gómez e funda a empresa 'Producciones Barrios Gómez Bilbatúa'. Nos anos 60 comeza a traballar para Telesistema Mexicano (de Emilio Azcárraga, embrión da posterior Televisa).
Fotógrafo, documentalista, director e produtor, Demetrio Bilbatúa participou en moi diversos proxectos audiovisuais, moitas veces ao servizo do goberno mexicano. Ten diversos recoñecementos mexicanos e internacionais ao longo da súa traxectoria profesional de máis de 50 anos. A súa bagaxe cinematográfica é inmensa, con máis de 1.000 documentais filmados en 35 mm.
Homenaxes É membro de honra da Academia Mexicana de Artes y Ciencias Cinematográficas.
O X Festival de Cine de Ourense, Off Cinema, celebrado do 12 ao 19 de novembro de 2005 rendeulle homenaxe aos irmáns Bilbatúa.
Filmografía El triunfo de la razón, 1967 III informe presidencial del licenciado Gustavo Diaz Ordaz (director e fotógrafo), 1967 El mar de Cortés, 1967 Ayer y hoy (fotógrafo), 1968 Paz y libertad (fotógrafo), 1969 Plan Chontalpa (produtor e director), 1969 Alas de México (produtor, director e fotógrafo), 1969 Ruta de la amistad (fotógrafo), 1970 Aquí México 1970 Descubra México: Quintana Roo (director e fotógrafo), 1970 Desarrollo económico (director e fotógrafo), 1976 El Valle Sagrado del Urubamba (codirector), 1979. Por este filme recibiu o ariel da Academia mexicana á mellor curtametraxe educativa, científica ou de divulgación artística.
Libros Galicia-México. Imaxe máxica, 2006
Véxase tamén Ligazóns externas Vídeo entrevista a Demetrio Bilbatúa Rodríguez
Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1935