Soiuz TMA-15 foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 27 de maio de 2009 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz TMA-15 foi lanzada cos cosmonautas Frank De Winne, Roman Romanenko e Robert Thirsk a bordo para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e levar a cabo unha misión de seis meses. Durante a súa estancia a ISS recibiu a visita das misións STS-127, STS-128 e STS-129 e dos cargueiros Progress M-67, HTV-1 e Progress M-03M. A nave regresou o 1 de decembro de 2009.
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz TMA Soiuz FG Estación Espacial Internacional
Notas
Categoría:Programa Soiuz