Adrián Lapeña Ruiz, nado en Logroño o 16 de abril de 1996, é un futbolista español que xoga de defensa central no CSKA Sofia da Primeira Liga de Bulgaria.

Traxectoria Natural de Logroño, comezou xogando nas categorías inferiores do Balsamaiso, equipo que por entón xogaba no colexio onde Adrián estudaba (Las Gaunas). Despois de nove anos anos no club, no seu paso á categoría de cadete foi recrutado polo Valvanera, equipo do cal deu o salto á Real Sociedade.

Na Real comezou a xogar de defensa central, xa que anos atrás debido ao seu poderío físico, xogaba en posicións do medio campo. Pasou por todas as etapas de xuvenil na Real e chegou a marcar gol na final da Copa de Campións de 2014 ao Real Madrid, aínda que o seu equipo acabou perdendo na quenda de penaltis. Á súa vez, tamén disputou a Liga Xuvenil da UEFA nese mesmo curso. Tras finalizar a súa etapa xuvenil, pasou a militar no filial donostiarra catro tempadas, entre 2015 e 2019, onde acabou sendo o capitán do equipo.

No verán de 2019, rescindiu o seu contrato coa Real Sociedade B e firmou co KAS Eupen da Jupiler League, a Primeira División de Bélxica, onde xogou dous partidos da primeira volta da liga ás ordes de Beñat San José.

O 29 de xaneiro de 2020 asinou polo CD Castellón, do Grupo III da Segunda División B, no que xogou catro partidos de liga antes de que esta se paralizase pola pandemia de COVID-19. Ademais, en xullo de 2020 xogou 3 partidos da promoción de ascenso a Segunda División, anotando un gol (á Unión Deportiva Logroñés) e logrando o ascenso co conxunto castellonenco, tras caer en primeira rolda pero gañar as dous seguintes.

Na tempada 2020/21 continuou formando parte do equipo castellonenco, esta vez en Segunda División, sendo un habitual do equipo titular e disputando 33 encontros, aínda que o equipo acabou descendendo.

O 25 de xuño de 2021 asinou polo Deportivo da Coruña da Primeira División RFEF.rcdeportivo.es Adrián Lapeña nuevo jugador del Deportivo, consultado en junio de 2021 Debutou co club galego o 29 de agosto de 2021, no primeiro encontro da tempada 2021/22 da Primeira División RFEF contra o Celta B en Riazor, que acabou con goleada coruñesa por 5-0. Foi titular en case tódolos partidos des tempada e da primeira metade da seguinte, formando parella de centrais xunto a Jaime Sánchez, pero acabou caendo dos onces iniciais na segunda parte da 2022/23, coincidindo cunha baixada de rendemento.

En xullo de 2023 foi anunciado como novo xogador do Córdoba, da mesma categoría. Axiña se consolidou na titularidade e trala obrigada retirada por motivos de saúde de Dragiša Gudelj converteuse no líder da defensa. Pechou a súa primeira campaña no club andaluz cun total de 36 partidos, todos como titular, e co ascenso á Segunda División. Indiscutible tamén na categoría de prata, xogou 17 encontros na primeira metade da tempada 2024/25, ata que no mercado invernal o club decidiu aceptar unha oferta do CSKA Sofia, ao que foi traspasado por uns 700.000€.

Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopaOutrosInclúe partidos de promoción de ascenso a Segunda División e rolda pola Conference League da Primeira Liga de Bulgaria.TotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesReal Sociedad B2015/16Segunda B191----1912016/17Segunda B290----2902017/18Segunda B292--203122018/19Segunda B323----323Total club109600201116KAS Eupen2019/20Jupiler League2000--20Castellón2019/20Segunda B41--31722020/21Segunda31220--332Total club3532031404Deportivo da Coruña2021/221ª RFEF 35 4 1020 3842022/231ª RFEF 26 0 000 0 260Total club6141020644Córdoba2023/241ª RFEF32200403622024/25Segunda17100--171Total club4930040533CSKA Sofia2024/25Primeira11040602102025/26Primeira19020--210Total club3006060420Total carreira 286 16 9017 1 31217

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en BDFutbol .

Categoría:Nados en Logroño Categoría:Nados en 1996 Categoría:Futbolistas da Rioxa Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores da Real Sociedad B Categoría:Xogadores do KAS Eupen Categoría:Xogadores do CD Castellón Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Córdoba CF Categoría:Xogadores do PFC CSKA Sofia