Soiuz TMA-05M foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 15 de xullo de 2012 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz TMA-05M, unha Soiuz modelo TMA-M cos cosmonautas Akihiko Hoshide, Iuri Malenchenko e Sunita Williams a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e facer experimentos e mantemento durante un período de seis meses. A nave regresou o 19 de novembro de 2012 ás 1:53 GMT.
A tripulación de respaldo da Soiuz TMA-05M estaba formada por Chris Hadfield, Thomas Marshburn e Roman Romanenko.
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz TMA-M Soiuz FG Estación Espacial Internacional
Notas
Categoría:Programa Soiuz