Soiuz TMA-06M foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 23 de outubro de 2012 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz TMA-06M, unha Soiuz modelo TMA-M cos cosmonautas Oleg Novitskii, Ievgeni Tarelkin e Kevin Ford a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e facer experimentos e mantemento durante un período de seis meses. A nave acoplouse ao módulo de investigación Poisk (MRM2, Mini Research Module 2) e regresou o 16 de marzo de 2013 ás 3:06 GMT.

A tripulación de respaldo da Soiuz TMA-06M estaba formada por Christopher Cassidy, Alexander Misurkin e Pavel Vinogradov.

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz TMA-M Soiuz FG Estación Espacial Internacional

Notas

Categoría:Programa Soiuz