miniatura|Alma cativa (1891-92) de Elihu Vedder. A espiritualidade adoita relacionarse coa «liberación da alma» atrapada ou dominada polo material. O termo espiritualidade (do latín spiritus, espírito), depende da doutrina, escola filosófica ou ideoloxía que a trate, así como do contexto en que se empregue.
Nun sentido amplo, significa a condición espiritual. Hai autores que o consideran unha dimensión máis da persoa, como a dimensión biolóxica ou social. Referido a unha persoa, é a disposición principalmente moral, psíquica ou cultural, que posúe quen tende a investigar e desenvolver as características do seu espírito. Esta decisión implica habitualmente a intención de experimentar estados especiais de benestar, como a salvación ou a liberación. Relaciónase así mesmo coa práctica da virtude.
Na relixión miniatura|Home orando En certo sentido é posible falar de prácticas espirituais sen estar especificamente baixo o que habitualmente se considera unha relixión organizada, aínda que en xeral non deixan de ser prácticas tradicionais.
No occidente relacionouse habitualmente o termo con doutrinas e prácticas relixiosas, especialmente na perspectiva da relación entre o ser humano e un ser superior (Deus), así como coas doutrinas relacionadas coa salvación da alma, aínda que actualmente se ampliou moito o seu uso e non son estas as únicas formas en que se fai uso da expresión.
Dise tamén de estilos ou formas de vida que inclúen perspectivas relacionadas co ámbito espiritual e as súas prácticas, buscando, por exemplo, a liberación. Outros enfoques diferentes tamén son posibles: (iniciación, rito).
Igualmente, pode entenderse sen referencia ningunha a un ser superior ou exterior ao ser humano, empregándose o termo para referirse a unha "espiritualidade atea", ou "sen deus".
Na filosofía Algúns puntos de vista filosóficos, utilizan o termo para facer referencia á oposición entre materia e espírito, ou entre interioridade e exterioridade.
Porén, polo contrario, a postura filosófica dos practicantes do budismo zen concibe a "unidade" dos opostos:
Nas artes Ás veces tamén no ámbito literario, o termo obedece só a aspectos estéticos e estilísticos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sociology of Religion Resources Sociology of Religion Resources Spiritual life concept
Categoría:Terminoloxía relixiosa Categoría:Conceptos filosóficos