O Parken Stadion (por razóns de patrocinio denominado Parken Connected By 3) é un estadio de fútbol situado no distrito de Indre Østerbro na cidade de Copenhague, capital de Dinamarca. O recinto inaugurado en 1992 posúe unha capacidade para 42 305 persoas. Acolleu partidos da UEFA e FIFA. Historia dereita|miniatura|250x250px|Interior do Parken Stadium. O Parken Stadion foi construído no mesmo lugar onde estivo o estadio nacional de Dinamarca, Idrætsparken, entre 1990 e 1992. O último partido oficial da selección nacional en Idrætsparken foi nas eliminatorias da Eurocopa 1992, no partido que perdeu 0-2 contra Iugoslavia o 14 de novembro de 1990. O 9 de setembro de 1992 realizouse un partido amigable contra Alemaña e perdeu por 1–2.
O estadio foi reconstruído pola compañía Baltica Finans A/S garantindo á Unión Danesa de Fútbol, que todos os partidos nacionais serían xogados en Parken polo menos polos próximos 15 anos. Toda a reconstrución custou 640 millóns de coroas dinamarquesas.
En 1998, Baltica Finans vendeu o estadio ao club FC Copenhague por DKK 138 millóns, e o club agora é propietario do estadio e as instalacións adxacentes.
Parken foi incluído na lista de estadios 4 estrelas da UEFA no outono de 1993, permitindo que sexa seleccionado para albergar finais de Copa UEFA así como da desaparecida Recopa europea. Sendo un estadio de 4 estrelas, Parken aínda non pode organizar a final da liga de Campións da UEFA xa que esta require unha capacidade para 50 000 espectadores.
O 2 de xuño de 2007 no Parken Stadion un espectador atacou o árbitro durante o partido entre Dinamarca e Suecia nas eliminatorias da Eurocopa 2008, recibindo unha sanción e unha multa económica.
Espectáculos O estadio acolleu unha serie de concertos multitudinarios como Pink Floyd (na súa xira The Division Bell en 1994), Madonna, Lady Gaga, Depeche Mode, Pet Shop Boys, Eminem, Tiësto, U2, Robbie Williams, Michael Jackson etc. En 2001 acolleu o Festival de Eurovisión concentrando o maior aforamento da historia deste certame, 38 000 espectadores.
O 11 de xullo de 2009, Britney Spears pasou por este estadio para presentar a súa xira "The Circus Starring: Britney Spears" promovendo o seu álbum Circus, diante de máis de 50 mil persoas, facendo un "cheo completo".
Eventos
Eurocopa 2020 O Parken Stadion albergará catro partidos da Eurocopa 2020: DataSelección #1ResultadoSelección #2RoldaEspectadores12 de xuño de 20210–1 Primeira fase, grupo B15 20017 de xuño de 20211–2 Primeira fase, grupo B23 39521 de xuño de 20211–4 Primeira fase, grupo B23 64428 de xuño de 2021–Cuartos de final
Partidos notables DataEquipo 1Res.Equipo 2CompeticiónEspectadores4 de maio de 1994Arsenal FC1–0Parma FCFinal da Recopa de Europa 199433 76517 de maio de 2000Galatasaray0–0 (pen. 4-1)Arsenal FCFinal da Copa UEFA 200038 9198 de outubro de 2005Dinamarca1–0GreciaClasificación de UEFA para a Copa Mundial de Fútbol de 200642 099 (marca de asistencia)6 de abril de 2006FC Copenhagen1–0Lillestrøm SKFinal da Royal League 2005-0613 61730 de abril de 2006FC Copenhagen0–0Brøndby IFSuperliga danesa 2005-0641 201 (marca en liga)
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web do Parken Stadion..
Categoría:Estadios 4 estrelas da UEFA Categoría:Estadios de fútbol de Dinamarca Categoría:Estadios da Eurocopa de Fútbol de 2020 Categoría:Arquitectura de Dinamarca