A Galinha Pintadinha é un proxecto infantil creado polos produtores brasileiros Juliano Prado e Marcos Luporini. A Galinha converteuse nun dos maiores éxitos audiovisuais do Brasil de todos os tempos.

Historia O 28 de decembro de 2006, o dúo decidiu engadir unha animación infantil no sitio web de YouTube para a súa presentación a algúns produtores dunha canle infantil en São Paulo, xa que non poderían asistir á reunión. Os executivos non aprobaron o vídeo e a idea inicial non se mantivo. Porén, seis meses despois, os produtores, que non retiraran o vídeo do sitio web, decatáronse de que o número de reproducións era ben impresionante, cerca de 500.000.

Entendendo a posibilidade de éxito, o proxecto seguiu adiante coa creación do DVD Galinha Pintadinha e Sua Turma, que contaba con animacións en 2D con personaxes infantís e cancións de dominio público. O son incluía cancións de varias xeracións, como "A Barata", "Indiozinhos", " Escravos de Jó" e "Marcha soldado".

En 2010, xa co apoio da Som Livre, o equipo creou o segundo DVD, titulado Galinha Pintadinha 2. O DVD tamén incluía cantigas clásicas, como "Atirei o pau no gato", "Alecrim Dourado", "Sapo Cururu" e "Se Essa Rua Fosse Minha". No primeiro mes vendéronse máis de 100.000 copias, o que garantiu o premio cun dobre disco de platino.

Até 2015, a marca está na 89a posición mundial entre as 150 marcas con licenza que máis gañan no mundo, aparecendo en Forbes Brasil.

No ranking creado pola ABPD para o mercado musical brasileiro, o segundo DVD do proxecto foi o sexto DVD máis vendido en 2010 e o 17o máis vendido en 2011.

Co éxito dos DVD, nos últimos tempos o proxecto tamén se centrou na venda doutros produtos como peluches, xogos, libros e aplicacións para teléfonos intelixentes.

Alén do espectáculo lúdico Galinha Pintadinha Official Tour, o proxecto tamén chegou ao palco dos musicais, con Galinha Pintadinha: O Musical, dirixido por Ernesto Piccolo, que xa foi nomeado dúas veces ao premio Shell.

En 2012, o clip que comezou todo xa fora visto máis de 450 millóns de veces. O sitio web oficial mostra que o número de visualizacións totais en YouTube en 2014 xa superaba os 7.000.000.000 (7.000 millóns), a primeira canle brasileira en alcanzar este obxectivo. O equipo tamén revelou que se venderan máis de 450.000 DVD oficiais, o que resultou na recepción de dous discos triplos de platino.

O éxito do proxecto fixo que recibise unha parodia súa no programa cómico de Rede Globo Tá no Ar: TV na TV en 2015, a Galinha Preta Pintadinha. En novembro de 2016, foi indicada como unha das finalistas na categoría de Televisión infantil.

En 2017, lanzouse unha serie web animada con episodios completos chamada "Galinha Pintadinha Mini" na súa propia canle ne YouTube, separada da canle principal. Esta serie web foi posteriormente ao catálogo de Netflix, e tamén ás canles de TV Cultura e SBT. https://tvcultura.com.br/acontece /619_galinha-pintadinha-mini-estreia-na-tv-cultura.html

En marzo de 2018, anunciouse que a canle da franquía alcanzou máis de 100 millóns de reproducións e que hai un proxecto de programa de televisión.Galinha Pintadinha está pronta para TV aberta após bater recorde de Rihanna

Discografía

Álbums en DVD Título Detalles do álbum Galinha Pintadinha e a súa turma Formatos: CD, DVD, Blu-ray Selo: Europa Films Lanzamento: 2009 Galinha pintadinha 2 Formatos: CD, DVD Selo: Som Livre Lanzamento: 2010 Galinha pintadinha 3 Formatos: CD, DVD Selo: Som Livre Lanzamento: 2012 Galinha pintadinha 4 Formatos: CD, DVD Selo: Som Livre Lanzamento: 2014 Galinha pintadinha de 10 anos Formatos: DVD Selo: Som Livre Lanzamento: 2015Galinha pintadinha 5 Formatos: Streaming, DVD en breve Selo: Som Livre Lanzamento: 2023

Tours Galinha Pintadinha Turnê Oficial foi a súa primeira xira, en apoio de todos os álbums editados, con preto de 67 concertos no Brasil só entre 2011 e 2012. O seu repertorio inclúe as cancións "Cão Amigo", "Alecrim Dourado", "Pintinho Amarelinho", "Marcha Soldado", "Dó Ré Mi Fá", "Lava a Mão" e "O Cravo e a Rosa".

Nomes internacionais Alén das canles en portugués do Brasil e algunhas cancións readaptadas ao portugués de Portugal, a Galinha Pintadinha ten canle en castelán e inglés no YouTube, e presenza de varios xeitos noutros países doutras falas. Na Galiza as cantigas da Galinha Pintadinha tamén tiveron grande acollida, sendo empregadas habitualmente por numerosas escolas como material didáctico.

Estados Unidos e o Canadá: Lottie Dottie Chicken Reino Unido: Lottie Dottie UK Francia: Poulette Petit Pois México, Colombia e a Arxentina: Gallina Pintadita Brasil e Portugal: Galinha Pintadinha Italia: Gallina Puntolina Alemaña: Kleine Henne Pünktchen Israel: לוטי דוטי Turquía: Renkli Tavuk India: Lottie Dottie Murgi Tanzania: Kuku Yenye Rangi Xapón: ロッティードッティーチキン China: 蓝色咕咕

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Sítio oficial Canal de Galinha Pintadinha no YouTube Canal da Galinha Pintadinha en castelán Canal da Galinha Pintadinha en inglés Canal da Galinha Pintadinha en italiano

Categoría:Franquías mediáticas Categoría:Debuxos animados Categoría:YouTube