Luís Antonio Caramés Viéitez, nado en Cerdedo o 21 de setembro de 1949 e finado en Lugo o 6 de xuño de 2021 a causa dun derramo cerebral, foi un profesor e economista galego.

Traxectoria Doutor en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela foi catedrático de Economía Aplicada na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, da que foi decano. Foi director do Mestrado de Administración Financeira e Tributaria (USC e Ministerio de Facenda). Foi profesor convidado nas universidades de Bordeos e Pau, Católica de Santos, Pontificia de São Paulo e Business School de Curitiba. Tamén dirixiu a Cátedra Bolíbar da USC.

Foi director executivo do Plan Estratéxico de Santiago de Compostela, membro do Consello Científico do Centro de Estudos Avanzados da USC, coordinador científico do Instituto Estudos Económicos Pedro Barrié. Coeditor da revista "Urban Public Economics Review" e membro do consello asesor da revista ‘Hacienda Pública Española’. Pertenceu á comisión nacional para a reforma do Financiamento Autonómico.

Foi académico correspondente da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas e da Real Academia Galega de Ciencias.

Revista galega de economía, Papeles de economía española, Revista de Economía Pública Urbana = Urban Public Economics Review, Cuadernos de Información económica, Outeiro, son algunhas das publicacións coas que colaborou ao longo da súa vida académica, ademais dun mangado de libros colectivos.

Despois de xubilarse presidiu o Grupo Colmeiro e a Fundación Belarmino Fernández, foi conselleiro territorial de MAPFRE e conselleiro de Adolfo Domínguez.

Publicacións

La hacienda del municipio de Vigo: perspectiva histórica y situación actual (1979). Universidade de Santiago de Compostela, ISBN 84-7191-130-2. Los temas actuales de la hacienda pública: discurso inaugural lido na solemne apertura do curso académico 1989-90 (1989). Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-555-3. Introducción a la Hacienda local y autonómica (1994). Madrid: Civitas. ISBN 84-470-0304-3. La política de incentivos en Galicia: entre el posibilismo de la teoría y las paradojas de los beneficiarios (2000). A Coruña : Instituto de Estudios Económicos de Galicia Pedro Barrié de la Maza. ISBN 84-89748-78-0. Los efectos del gasto público sobre el crecimiento económico: el caso de comunidades autónomas (2002). Con Santiago Lago Peñas. A Coruña : Instituto de Estudios Económicos de Galicia, Pedro Barrié de la Maza. ISBN 84-9752-003-3. Economía Pública Local (2004). Madrid: Civitas. ISBN 84-470-2284-6. Innovaciones educativas a nivel Universitario, en Formación Profesional y Secundaria: buenas prácticas metodológicas (2010). Con Luis Antonio Caramés Viéitez. Universidad de La Rioja. ISBN 978-84-693-6072-9.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

O contexto adecuado: as políticas monetarias e orzamentarias (YouTube), 2013

Categoría:Nados en 1949 Categoría:Nados en Cerdedo Cotobade Categoría:Finados en 2021 Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Economistas de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela