NovaMundi: The Spear of Chaquén é un videoxogo de estratexia desenvolvido pola empresa colombiana Slashware Interactive.
O xogo estreouse en "acceso anticipado" de Steam o 13 de abril de 2021.
Modo de xogo NovaMundi: The Spear of Chaquén é un videoxogo de estratexia con perspectiva de cámara isométrica. É un xogo de rol en tempo real con opción de pausa táctica.
Sinopse
O xogo está ambientado no ano 1537 na confederación muisca (no Altiplano Cundiboyacense), na época da conquista española das nacións chibchas por Gonzalo Jiménez de Quesada.
O videoxogo baséase na ficción histórica e ofrece a posibilidade de cambiar o rumbo da historia e unir aos muiscas para repeler a expedición de Jiménez de Quesada. Para conseguilo, o xogador deberá explorar a rexión, sobrevivir na natureza, facer misións, loitar contra inimigos e lograr sumar forzas contra a invasión.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de Slashware
Categoría:Videoxogos de 2021 Categoría:Videoxogos de rol Categoría:Videoxogos de Windows Categoría:Videoxogos de OS X Categoría:Videoxogos desenvolvidos en Colombia Categoría:Pobo muisca