Santiago Cid Harguindey, nado en Verín en 1944 e finado no mesmo concello o 4 de xuño de 2021,Fallece Santiago Cid Harguindey, exalcalde de Verín foi un político galego.

Traxectoria Foi un dos fundadores do Verín Club de Fútbol en 1971. En 1978 foi elixido membro da Cámara Agraria Provincial.La Voz de Galicia, 3-6-1978, p. 15. Durante a transición foi nomeado membro da xestora municipal de Verín presidida por Carmen Lovelle. Militante de UCD, encabezou a candidatura de Verín nas eleccións municipais de 1979, sendo a forza máis votada pero sen lograla alcaldía tras apoiar o PSdeG a Carmen Lovelle (Coalición Democrática). Nese mandato foi deputado provincial e vicepresidente da Deputación provincial de Ourense.

Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura de Coalición Galega ao concello de Verín e foi elixido alcalde por maioría simple. Nas municipais de 1987 encabezou a coalición de Alianza Popular e Centristas de Galicia e foi reelixido alcalde con maioría absoluta. O 6 de febreiro de 1988, no primeiro congreso no monte Medo (Baños de Molgas), formou parte do comité executivo de Centristas de Galicia encabezado por Xosé Luis Baltar Pumar. En xuño de 1990 foi condenado a dez anos de inhabilitación por prevaricación.La Voz de Galicia, 14-6-1990, p. 31. Nas municipais de 1991 volveu ser elixido alcalde como candidato de Centristas de Galicia, nesta ocasión con maioría simple. Foi deposto por unha moción de censura encabezada por Emilio González Afonso o 17 de outubro de 1991.La Voz de Galicia, 18-10-1991, p. 31. En marzo de 1993 o Tribunal Supremo confirmou a súa inhabilitación de 10 anos, polo que abandonou a política.

Tras cumpri-la condena, nas municipais de 2003 encabezou a formación Verinenses Independentes e logrou 3 concelleiros, sendo chave de goberno. Tras non chegar a un acordo con ningún partido, continuou gobernando o PPdeG da man de Juan Manuel Jiménez Morán. Porén, en abril 2004 apoiou unha moción de censura que fixo alcalde a Emilio González Afonso (agora membro socialista), pasando a formar parte dun goberno tripartito co PSdeG e o BNG. Nas municipais de 2007 pasou de 3 a 1 concelleiro, recuperando o PPdeG a maioría absoluta, polo que renunciou a recolle-la súa acta de concelleiro e abandonou a primeira liña política.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Verín

Categoría:Alcaldes de Verín Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Galega Categoría:Alcaldes de Galicia por Centristas de Galicia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais de Ourense Categoría:Nados en Verín Categoría:Nados en 1944 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes