María Uxía Rivas Monroy, nada en Vigo o 2 de novembro de 1958, é unha investigadora académica galega e profesora xubilada da facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Profesora titular no Departamento de lóxica e filosofía moral dende o ano 1994, mais vinculada ao ensino dende 1982. Contribuíu no pensamento filosófico coa súa labor docente, coa publicación de reflexións filosóficas e como responsable en diversas actividades da revista Ágora.

Na súa obra aborda os temas da semiótica, o pragmatismo e filosofía da linguaxe. Destaca a particularidade da súa visión, na que interrelaciona a semiótica e o pragmatismo de forma transversal.

Traxectoria Licenciouse en Filosofía e Ciencias da Educación en 1981 pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa orientación filosófica viuse influída polo profesor Luís Villegas Forero, cara a filosofía da linguaxe, quen posteriormente será o director da súa tese de doutoramento en 1992 co resultado dun traballo cum laude Sentido y pensamiento en G. Frege, guiado tamén da man de Tyler Burge.

Ao longo da súa traxectoria profesional desenvolve a súa actividade académica e investigadora no eido da filosofía analítica, especialmente no campo da semiótica, onde destaca a importancia dada ao pensamento de Frege, Pierce e Umberto Eco, entre outros.

Coordinou e dirixiu diversos programas de doutoramento, e cómpre tamén destacar a súa vinculación ao papel da muller, tanto nas súas publicacións coma nos proxectos de investigación nos que participou.

A súa participación na elaboración da revista Ágora, Papeles de Filosofía foi practicamente constante dende o ano 1986 onde traballou como encargada de administración e difusión, membro do consello de redacción, e secretaria da revista en diferentes momentos.

No 2015 foi galardoada cos XVIII Premios Nacionais de Edición Universitaria, na categoría de premio á mellor tradución, pola obra Semiótica. Textos selectos. Charles Sanders PeirceDos obras de la USC reciben los XVIII Premios Nacionales de Edición Universitaria 11 de setembro do 2019, EL Correo Gallego..

Obra Destaca a reflexión que fai sobre as interconexións entre filosofía analítica e pragmatismo, e entre semiótica e filosofía analíticaC. S. Peirce e G. Frege: A simplicidade da tríada - Actas del V Congreso Internacional de la Asociación Española de Semiótica: Semiótica y Modernidad, vol. I, pp. 217-224, 1994 que se recollen na súa obra; áreas ata o momento pouco desenvolvidas.

O campo da filosofía da linguaxe implica reflexións acerca de como esta funciona e de como podemos comprender mellor o seu funcionamento. Por isto, esta é unha disciplina que vincula a ontoloxía, a teoría do coñecemento e o propio coñecemento lingüístico, é dicir, o coñecemento de como funciona unha lingua.

As linguas son un mecanismo de comunicación e a filosofía da linguaxe investiga como se pode explicar ese funcionamento de poder falar en ausencia das cousas a través do vehículo que é a linguaxe. Dende o punto de vista filosófico é importante porque implica deseñar un marco teórico ontolóxico sobre o que traballar. María Uxía Rivas, como coñecedora da semántica de Frege e o pensamento de C. S. Pierce, soubo ver máis aló dos cercos disciplinarios da filosofía analítica e o pragmatismo e atopa similitudes nas teorías de ambos autores. No seu artigo Epistemology and Ontology in Frege and Peirce: On Thoughts and Generals publicado na revista Cognitio, aborda o tema das entidades abstractas. É unha reflexión innovadora porque ve as relacións entre ambos autores e estuda os marcos ontolóxicos que hai detrás de cada un deles para facer ver que a ese elemento abstracto co cal categorizamos e conceptualizamos, un autor lle dá a categoría de entidade e o outro non. O xeito de aproximarse ao problema é diferente, pero ambos teñen a necesidade desa abstracción. En Frege fálase de pensamento mentres que en Pierce non é tan doado categorizalo, e fálase de universal. No escrito ilústrase que ambas teorías comparten o interese pola conceptualización, pero a maneira na que tratan de situala dentro do seu sistema leva a un á necesidade de falar de entidade, mentres que o outro non o precisa.

A amplitude do seu campo de traballo recóllese en varios libros e decenas de publicacións:

Aspectos semánticos de Frege - Ágora. Papeles de Filosofía, vol. 5, pp. 201-212, 1986 La interpretación de Frege: un asunto polémico - Ágora. Papeles de Filosofía, vol. 6, pp. 161-168, 1988 La noción fregeana de sentido: ¿Semántica, epistemología u ontología? - Ágora. Papeles de Filosofía, vol. 9, pp. 83-95, 1990 El contexto como dimensión problemática para la aplicación de la semántica fregeana a los lenguajes naturales - Actas del Encuentro de Lógica y Filosofía de la Ciencia “En memoria de R. Carnap y H. Reichenbach”,pp. 147-153, 1991 O cómic: linguaxe e sociedade - Reflexións filosóficas, pp. 22-29, 1992 Los indiciales: Punto de encuentro de la semántica y la pragmática - Semántica y lenguajes especializados, pp. 37-46, 1992 Lógica y psicología: Los opuestos irreconciliables en el pensamiento de G. Frege - Actas del VIII Congreso Lenguajes naturales y lenguajes formales, pp. 523-530, 1992 Del pensamiento puro y eterno al ‘yo estoy aquí aho­ra’ - Actas del I Congreso de la Sociedad de Lógica, Metodología y Filosofía de la Ciencia en España, pp. 224-22, 1993 El antirrealismo semántico de M. Dummett - Actas del IX Congreso Lenguajes naturales y lenguajes formales, pp. 415-422, 1993 Lógica y contexto en el análisis fregeano del lenguaje natural - Ágora. Papeles de Filosofía, vol. 12-II, pp. 79-95, 1993 El significado disgregado - Ed. Novo Século, Iria Flavia, Padrón, pp. 146, 1994 T. Burge About Frege: Sense, Linguistic Meaning and Vagueness - Ruch Filozoficzny, vol. LI, nº 3-4, pp. 278-284, 1994 Retórica y pragmática: Un acercamiento desde las nociones de interpretante e intérprete - Actas del I Encuentro Interdisciplinar sobre Retórica y Texto, Tomo II, pp.105-108, 1994 C. S. Peirce e G. Frege: A simplicidade da tríada - Actas del V Congreso Internacional de la Asociación Española de Semiótica: Semiótica y Modernidad, vol. I, pp. 217-224, 1994 El signo y el sentido de la realidad - Verdad: Lógica, representación y mundo, pp. 421-430, 1996 La vuelta a los orígenes: E. Husserl y G. Frege. Panorámica general en torno a la relación entre Fenomenología y Filosofía Analítica - Investigaciones fenomenológicas, nº 1, pp. 99-118, 1996 Nombres propios: Realidad y mundos posibles - Actas del VI Congreso Internacional de la Asociación Española de Semiótica. Investigaciones Semióticas, vol.VI, pp.1319-1326, 1996 Frege y Peirce: En torno al signo y su fundamento - Anuario Filosófico, vol. 29, pp.1211-1224, 1996 Las bases del realismo semántico en G. Frege y C. S. Peirce - Actas del II Congreso de la Sociedad de Lógica, Metodología y Filosofía de la Ciencia en España, pp.48-52, 1997 La realidad semiotizada: Los objetos como signos - Actas del VII Congreso Internacional de la Asociación Española de Semiótica: Mitos, pp. 494-498, 1998 La problemática del referente en la semiótica de U. Eco - Quaderns de filosofia i ciencia, pp. 35-42, 1998 Introduction - Truth in perspective, pp. xi-xxvii, 1998 Verdad, realidad y ciencia en C.S. Peirce - Ágora. Papeles de Filosofía, vol. 17-II, pp. 79-94, 1998 La filosofía analítica y la tradición analítica: Un siglo a vueltas con el significado - Actas del Congreso Internacional La filosofía analítica en el cambio de milenio/ The Analytic Philosophy at the Turn of the Millennium, pp. 535-546, 1999 Proper Names: One Century of Discussion - Logica Trianguli, vol. 3, pp. 119-138, 1999 El realismo interno de Putnam y sus afinidades con el pragmatismo americano - Actas del III Congreso Internacional de la Sociedad de Lógica, Metodología y Filosofía de la Ciencia en España, pp. 185-193, 2000 La semiosis: Un modelo dinámico y formal de análisis del signo - Razón y palabra, nº 21, pp. , 2001 Sobre la orientación pragmatista y el empirismo sin dogmas en las teorías científicas - Actas del Congreso Teorías Formales y Teorías Empíricas, pp. 99-114, 2001 An Introduction to Fregean Semantics - Logica Trianguli, pp. 73-88, 2001 Cultura científica y cultura humanista: Cómo el Pragmatismo supera la escisión - Actas del Congreso La Ciencia ante el público: Cultura humanista y cultura científica, pp. 173-187, 2003 Signo, mediación y realidad: Una lectura de G. Frege y C.S. Peirce - Ágora. Papeles de Filosofía, vol. 21-II, pp. 49-72, 2003 Globalización y nuevas tecnologías: el medio, el mensaje y el masaje - Actas del X Congreso de la Asociación Española de Semiótica: Arte y nuevas tecnologías, pp. 958-967, 2004 Lógica y matemáticas en C.S. Peirce: la importancia del pensamiento diagramático - Actas del IV Congreso Internacional de la Sociedad de Lógica, Metodología y Filosofía de la Ciencia en España, pp. 218-221, 2004 Recensión del libro de Antonio Blanco Salgueiro, Palabras al viento. Ensayo sobre la fuerza ilocucionaria, Trotta: Madrid, 2004 - Ágora. Papeles de Filosofía, vol. 23-II, (2004), pp. 261-265, 2005 Pragmatismo y filosofía del lenguaje: de la falacia racionalista a la falacia de la división - Ontology Studies / Cuadernos de Ontología, nº 5-6, pp. 161-168, 2006 Recensión del libro de Juan Vázquez Sánchez, Mente y mundo. Aproximación neurológica, Akal: Madrid, 2007 - Ágora. Papeles de Filosofía, vol. 25-I, (2006), pp. 231-234, 2007 The Pragmatic Realism of Hilary Putnam - Following Putnam’s Trail: On Realism and Other Issues, Rodopi: Amsterdam, pp. 223-242, 2008 Recensión del libro de Jaime Nubiola y Fernando Zalamea, Peirce y el mundo hispánico. Lo que C.S. Peirce dijo sobre España y lo que el mundo hispánico ha dicho sobre Peirce, EUNSA: Pamplona, 2006 - Ágora. Papeles de Filosofía, vol. 26-II, (2007), pp. 183-186, 2008 Signo y representación: cuando lo virtual es real - Ontology Studies / Cuadernos de Ontología, nº 8, pp. 251-261, 2008 Lógica, pragmática y pragmatismo: El análisis de las actitudes cognitivas en C.S. Peirce - Actas del VI Congreso Internacional de la Sociedad de Lógica, Metodología y Filosofía de la Ciencia en España, pp. 233-237, 2009 Abstract Entities and Ontology in G. Frege and C.S. Peirce: Thoughts and Generals - Cognitio. Revista de filosofía, vol. 11, nº 1, pp. 139-161, 2010 Entradas: Pragmática, semántica, significante/significado - Compendio de Lógica, Argumentación y retórica, Luis Vega Reñón y Paula Olmos Gómez (eds.), Madrid: Trotta, pp. 473-478, 532-537, 547-550, 2011 Mundos posibles, situacións contrafácticas, experimentos mentais: A relevancia da ‘mentira’ na Filosofía Analítica - Actas da XVIII Semana Galega de Filosofía, pp. 90-93, 2011 Linguaxe, acción e cognición: unha perspectiva semiótica e pragmática das actitudes cognitivas - Aspectos do Juízo/Aspects of Judgement, Sofía Miguens, João Alberto Pinto e Manuela Teles (coord.), Porto: Universidade do Porto, pp. 179-195, 2011 A Philosophical Reflection on Language: Is Ontology Needed in Semantics? - Philosophical and Formal Approaches to Linguistic Analysis, Piotr Stalmaszczyk (ed.), Frankfurt: Ontos Verlag, pp. 457-475, 2012 Juicio, aserción y creencia en C.S.Peirce: de la semiótica al pragmatismo - International Association for Semiotic Studies. World Congress (10th.), 2009. A Coruña: Universidade da Coruña 2012, pp. 1349-1358 Creencia, conocimiento y verdad: El enfoque lógico-semántico de Frege y Russell y el pragmatista de Peirce y James - Actas del VII Congreso Internacional de la Sociedad de Lógica, Metodología y Filosofía de la Ciencia en España, 2012, pp. 280-286 Prólogo y selección de textos del libro Charles Sanders Peirce. Semiótica. Textos selectos - Charles Sanders Peirce. Semiótica. Textos selectos, Universidade de Santiago de Compostela y Fundación BBVA: Santiago de Compostela, 2014. XVIII Premio Nacional de Edición Universitaria a la mejor traducción (2015)