Edmundo Bal Francés, nado en Huelva o 2 de xullo de 1967 é un político e avogado español, membro do Congreso dos Deputados por Cidadáns en representación de Madrid.

Traxectoria

Primeiros anos Aínda que naceu en Huelva, estudou no colexio Nuestra Señora del Buen Consejo, no barrio da Cidade Universitaria de Madrid. Posteriormente, licenciouse en Dereito na Universidade Complutense de Madrid.

Avogacía do Estado En 1993, con 26 anos, conseguiu unha praza como avogado do Estado e exerceu como tal en Huesca, Zaragoza e, finalmente, Madrid.

A principios de 2017, como responsable penal da Avogacía do Estado, tivo un importante papel na denuncia de Facenda por delito fiscal contra varios futbolistas da Liga española como Lionel Messi, Cristiano Ronaldo, Radamel Falcao, Ángel Di María, Luka Modrić e José Mourinho. Nos casos de Messi e Xabi Alonso, a fiscalía no apreciara delito e foron denunciados pola avogacía. Tamén participou nas causas contra Jordi Pujol e sobre a trama Gürtel.

Durante varios anos presidiu a Asociación de Avogados do Estado.

Actuación no Procés En decembro de 2018, a directora de servizo xurídico do estado, Consuelo Castro, substituíu a Edmundo Bal por Rosa María Seoane,​ que naquel momento era secretaria xeral de Adif, como representante no xuízo ao proceso independentista catalán. Aínda que se xustificou como "perda de confianza", a substitución fíxose despois de que Bal se negase a omitir a violencia do delito de sedición. A falta de violencia implicaba que as penas pedidas para Oriol Junqueras pasaban de 25 anos a 12 anos. Edmundo Bal negouse a deixar de recoller nos escritos de acusación os feitos que implicaban violencia. Trala súa destitución declarou "Sabes que pasa? Que non soporto as presións dos políticos aos funcionarios públicos que só queren facer o seu traballo. Non soporto a mentira".

Chegada á política En marzo de 2019, o entón líder de Cidadáns, Albert Rivera, anunciou a fichaxe de Bal para as eleccións xerais de abril de 2019.​ Durante a campaña electoral presentábase como o cesado, facendo referencia ao seu cesamento como avogado do Estado.​ Nas posteriores eleccións de novembro do mesmo ano non resultou elixido en primeira instancia, pero acabou obtendo un escano por Madrid trala renuncia de Rivera.​ Posteriormente foi nomeado portavoz adxunto do grupo parlamentario de Cidadáns no Congreso, exercendo como portavoz principal durante a baixa maternal de Inés Arrimadas.

En marzo de 2021, anunciou que se presentaba ás primarias para ser cabeza de lista de Cidadáns nas eleccións autonómicas de Madrid, co apoio do ata entón vicepresidente da comunidade, Ignacio Aguado.​ O 22 de marzo gañou as primarias cun 89,43 % dos votos.​ Con todo, Bal non conseguiu ser elixido deputado ao non alcanzar Cidadáns o 5 % dos votos, mínimo necesario para entrar na repartición de escanos.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en Huelva Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura) Categoría:Políticos de Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía Categoría:Avogados de España Categoría:Nados en 1967