O Consello Rexional Indíxena do Cauca (CRIC) é unha asociación de autoridades indíxenas á cal pertence o 90% dos cabidos e comunidades indíxenas do departamento do Cauca, Colombia. Foi fundado en Toribío o 24 de febreiro de 1971, como unha federación de só sete cabidos. No presente está constituído por cento quince cabidos e once asociacións de cabidos dos pobos nasa, misak, totoró, polindara, guanaco, coconuco, kisgo, yanacona, inga e emberá, agrupados en nove zonas.

O CRIC foi cofundador da Organización Nacional Indíxena de Colombia.

Véxase tamén Outros artigos Pobos indíxenas de Colombia Organización Nacional Indíxena de Colombia Bibliografía Christian Gros. 1991. Colombia indígena: identidad cultural y cambio social. Bogotá: CEREC, 1991. Ligazóns externas

Categoría:Organizacións polos dereitos indíxenas Categoría:Cauca, Colombia Categoría:Indixenismo