The Serpent é unha serie de televisión británica desenvolvida por Mammoth Screen para BBC. É unha miniserie de oito episodios coproducida entre BBC One e Netflix. Está baseada nos crimes do asasino en serie Charles Sobhraj, que asasinou turistas en Asia entre 1975–2000. A serie está protagonizada por Tahar Rahim no papel de Sobhraj.
A serie foi rodada en localizacións en Tailandia ata que a pandemia de COVID-19 detivo a produción por cinco meses a partir de marzo de 2020. A rodaxe rematou en Hertfordshire, Inglaterra, durante agosto de 2020. Estreouse en BBC One o 1 de xaneiro de 2021, e os oito episodios estiveron dispoñibles inmediatamente en BBC iPlayer. A serie comezou a emitirse en Netflix en abril de 2021.
Sinopse Ambientada a mediados da década de 1970, a serie conta a historia de Charles Sobhraj, un asasino en serie francés de ascendencia india e vietnamita, quen drogaba e roubaba a turistas, especialmente a mozos mochileiros que viaxaban a Bangkok, Tailandia, na coñecida como ruta hippy. Sobhraj rouba os pasaportes e as identidades das súas vítimas para viaxar polo mundo e vender as xemas roubadas xunto coa súa noiva Marie-Andrée Leclerc. Mentres Sobhraj comete os seus crimes, o diplomático neerlandés Herman Knippenberg comeza a investigar o asasinato dunha parella de turistas e descobre pistas que o levan cara a Sobhraj.
Personaxes
Tahar Rahim como Charles Sobhraj Jenna Coleman como Marie-Andrée Leclerc Billy Howle como Herman Knippenberg Ellie Bamber as Angela Knippenberg (posteriormente Angela Kane) Amesh Edireweera como Ajay Chowdhury Tim McInnerny como Paul Siemons Chicha Amatayakul como Suda Romyen Sahajak Boonthanakit como Xeneral Janthisan İlker Kaleli como Vitali Hakim Adam Rothenberg como Gilbert Redland Mathilde Warnier como Nadine Gires Supadej "Kenneth" Wongwatanaphan como Yotin Ellie de Lange como Helena Dekker James Gerard como Jules Dupont Apasiri Kulthanan como Lawana William Brand como Embaixador van Dongen Chotika Sintuboonkul como Kannika Ryan O'Donnell como Greg Raynott Libby Jennings como Viola Raynott Raphael Roger Levy como Conde Michel-Andre Jurion Fabien Frankel como Dominique Renelleau Stacy Martin como Juliette Voclain Alice Englert como Teresa Knowlton Tim McMullan como Douglas Cartwright Nicole Beutler como Dagmar Boeder Johan Van Assche como Otto Boeder Surasak "Noo" Chaiyaat como Romyen Grégoire Isvarine como Remi Gires Ruby Ashbourne Serkis como Celia Austin Armand Rosbak como Willem Bloem Deepika Parajuli como Deusa Vivente "Kumari", Nepal Dasha Nekrasova como Connie-Jo Bronzich Thomas Ryckewaert como Jean Huygens Alyy Khan como Naranda Nath Tully Teerapat Sajakul como Tenente Coronel da Interpol Sompol Suthimai Pravesh Rana como Thapa, oficial de policía nepalés Darshan Jariwala como director do hotel
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión do Reino Unido Categoría:Series de televisión iniciadas en 2021 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2021 Categoría:Series de televisión ambientadas na década de 1970