Julian Roger Hallam, nado o 4 de maio de 1966, é un activista ambiental británico cofundador de Extinction Rebellion.

Traxectoria Hallam foi anteriormente un granxeiro orgánico nunha granxa de 10 acres próxima a Llandeilo en Gales do sur; atribúe a destrución da súa empresa a unha serie de acontecementos de tempo extremo.

Entre 2017 e 2019 estudou un doutoramento en desobediencia civil no King College de Londres, investigando como conseguir un cambio social a través de movementos radicais.

Hallam é cofundador do grupo de presión ambiental Extinction Rebelión, con Gail Bradbrook e Simon Bramwell.

Publicacións con contribucións de Hallam

This Is Not A Drill: An Extinction Rebellion Handbook [Isto non é un simulacro: un manual de Rebelión de Extinción]. Londres: Penguin, 2019. ISBN 9780141991443. Hallam contribúe co ensaio curto "The civil resistance model" [O modelo de resistencia civil]. "Sentido común para el siglo XXI". Abril de 2019. El plan de acción para la rebelión no violenta.

Notas

Ligazóns externas

Categoría:Ecoloxistas do Reino Unido Categoría:Nados no Reino Unido Categoría:Nados en ano descoñecido