Pak Doo-Ik (en ), nado en Pyongyang o 17 de decembro de 1943, é un exfutbolista norcoreano.

Carreira Foi internacional coa selección de Corea do Norte, e representou a esta no Mundial de 1966 en Inglaterra, marcando o gol contra Italia en Ayresome Park, que lle deu ao equipo norcoreano o histórico pase aos cuartos de final, sendo a primeira vez que o conseguía un equipo que non fose nin europeo nin iberoamericano. Disputou tamén o partido de cuartos contra Portugal, no que o seu equipo comezou gañando 3-0, ata que Eusébio anotou catro goles para darlle a volta ao marcador, pechando a remontada José Augusto cun quinto gol.

En 2002 apareceu no documental The Game of Their Lives, do cineasta británico Daniel Gordon, no que se contaba a historia da selección norcoreana no Mundial de 1966.

Despois da vitoria, Pak, que era cabo do exército norcoreano, foi ascendido a sarxento. Pouco despois deixou o exército e o fútbol e converteuse en profesor de ximnasia.

Durante o paso do facho olímpico por Pyongyang en 2008, foi o primeiro en transportar o facho.

Notas

Categoría:Nados en 1942 Categoría:Nados en Pyongyang Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Futbolistas de Corea do Norte Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1966 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Corea do Norte