Diamantino García Acosta, nado en Ituero de Azaba (Salamanca) o 24 de outubro de 1943 e finado en Sevilla o 9 de febreiro de 1995,«Fallece en Sevilla a los 51 años el cura y líder jornalero Diamantino García». El País. 10 de febreiro de 1995. coñecido como "o cura dos pobres", foi un sacerdote obreiro e un sindicalista español, membro fundador do Sindicato de Obreros del Campo. Súa irmá Asunción é presidenta da Asociación Pro Dereitos Humanos do Menor.

Traxectoria A súa familia, de orixe salmantina, emigrou a Sevilla. Estabeleceuse no barrio de Cerro del Águila, netamente obreiro e de emigrantes do rural, arredor da fábrica téxtil HYTASA.

Diamantino estudou o bacharelato no instituto San Isidoro e posteriormente ingresou no seminario de Sevilla. Para custear os estudos, traballou de obreiro en Barcelona, nas minas de Asturias e nunha fábrica de conservas en Bélxica. Tras ser ordenado, foi enviado á comarca da Sierra Sur de Sevilla, cun nomeamento conxunto e en equipo pastoral con outros tres compañeiros: Enrique Priego a Pedrera, Juan Heredia a Gilena, Miguel Pérez a Martín de la Jara e Diamantino a Los Corrales, unha poboación de 4.000 habitantes, formada por latifundios, xornaleiros sen terra e emigrantes temporeiros. Alí comezou a súa actividade ao servizo da xente pobre, xunto a outros curas como Esteban Tabares, párroco de Aguadulce. Ao ver como gran parte da poboación de Los Corrales marchaba a Navarra para a recollida do espárrago por mor do desemprego masivo da zona, decidiu unirse como xornaleiro e temporeiro e renunciou ao seu soldo de cura.

En 1976 fundou xunto cun grupo de xornaleiros, entre eles Diego Cañamero e Juan Manuel Sánchez Gordillo, o Sindicato de Obreros del Campo (SOC), a prol das loitas dos traballadores do campo en Andalucía. En 1979 creou a Candidatura Unida de los Trabajadores (CUT), brazo político do sindicato, para presentarse ás eleccións municipais dese ano.Aitor M. Carmelo. «El papel de Cañamero en la encrucijada andaluza». Diagonal. 22 de xaneiro de 2015.

En 1991 fundou a Asociación Pro Dereitos Humanos de Andalucía (APDHA), pola que foi recoñecido coa Medalla de prata de Andalucía en 1993. Presidente da mesma até o seu pasamento, dedicou os seus últimos anos á defensa dos dereitos humanos, á erradicación da pobreza e ao traballo a prol dos inmigrantes. Compaxinou eses labores cos de párroco das localidades de Los Corrales e Martín de la Jara.

Sempre rexeitou postos políticos. Un deles, por exemplo, foi o de Defensor do Pobo Andaluz, que lle propuxeron uns meses antes de morrer de cancro en 1995.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Artigo sobre Diamantino García Poder Andaluz, artigo de Diamantino García Entrevista a Diamantino García Acosta, o cura obreiro «Diamantino García Acosta: Testimonios de un buen hombre». Canal Sur TV (1995).

Categoría:Nados en 1943 Categoría:Finados en 1995 Categoría:Sindicalistas de España Categoría:Finados por cancro Categoría:Sacerdotes católicos de España