Henry Montgomery Jr., nado en Fishkill Landing (Nova York) o 21 de maio de 1904 e finado en Manhattan o 27 de setembro de 1981, foi un actor, director e produtor estadounidense, coñecido como Robert Montgomery.

Traxectoria Montgomery naceu nunha familia acomodada, fillo de Henry Montgomery e da súa esposa Mary Weed Montgomery (de solteira Barney)."Elizabeth Montgomery's Family Tree" , Bewitched.net; consultado o 4 de agosto de 2010. Porén, en 1922 cando o seu pai se suicidou saltando desde o Brooklyn Bridge, perdérono todo. Entón, mudouse a Nova York para tentar unha carreira como escritor e actor. Acabou conseguindo a súa primeira oportunidade en Hollywood en 1929 e xa non parou.

En 1935 foi electo presidente da Screen Actors Guild e volveu ser reelixido en 1946 e foi dúas veces candidato ao Óscar ao mellor actor, por Night Must Fall (1937) e Here Comes Mr. Jordan (1941). Durante a segunda guerra mundial ingresou na mariña.

En 1945 retornou ao cinema, estreándose como diretor no filme They Were Expendable ao substituír a John Ford cando este tivo que se ausentar da dirección por motivos de saúde. O primeiro filme no que apareceu nos créditos como director foi en 1947, Lady in the Lake.

En 1953 gañou o Emmy polo programa Robert Montgomery Presents e en 1955 o Tony ao mellor director pola obra de Broadway The Desperate Hours. En 1968 escribiu o libro An Open Letter from a Television Viewer.

En 1954, Montgomery asumiu un posto non pagado como conselleiro e coach do presidente Dwight D. Eisenhower, aconsellándoo como mostrarse ben nas súas aparicións na televisión. Pioneiro como conselleiro para os medios de comunicación, tivo un despacho na Casa Branca dende ese ano.

Montgomery morreu de cancro aos 77 anos na cidade de Nova York.

Vida persoal O 14 de abril de 1928,New York, New York, Marriage Index 1866-1937 Montgomery casou coa actriz Elizabeth Bryan Allen (1904-1992), irmá de Martha-Bryan Allen. A parella tivo tres fillos, Martha Bryan (finada en 1931 aos 14 meses de idade), a actriz Elizabeth (1933–1995) e Robert Jr. (1936–2000). Divorciáronse o 5 de decembro de 1950. Igual que o seu pai, Elizabeth e Robert Jr. tamén morreron de cancro.

A súa segunda esposa foi Elizabeth "Buffy" Grant Harkness (1909–2003), coa que casou o 9 de decembro de 1950, catro días despois de formalizarse o seu divorcio de Allen.

Filmografía Ano Título Personaxe Notas 1929 Extra Sen acreditar 1929 Three Live Ghosts William Foster 1929 So This Is College Biff 1929 Untamed Andy McAllister 1929 Their Own Desire John Douglas Cheever 1930 Free and Easy Larry 1930 Don 1930 Kent Marlowe 1930 Nick Higginson 1930 Our Blushing Brides Tony Jardine 1930 Love in the Rough Jack Kelly 1930 War Nurse Tte. Wally O'Brien 1931 Inspiration André Montell 1931 Jack "Johnny" Madison 1931 Strangers May Kiss Steve 1931 Shipmates John Paul Jones 1931 Raymond Dabney 1931 Private Lives Elyot Chase 1932 Lovers Courageous Willie Smith 1932 But the Flesh Is Weak Max Clement 1932 Letty Lynton Hale Darrow 1932 Blondie of the Follies Larry Belmont 1932 Faithless William "Bill" Wade 1933 Hell Below Lieut. Thomas Knowlton, USN 1933 Made on Broadway Jeff Bidwell 1933 When Ladies Meet Jimmie Lee 1933 Another Language Victor Hallam 1933 Night Flight Auguste Pellerin 1934This Side of HeavenActor on screen in theatreCameo sen acreditar: clip de Another Language (1933) 1934 Fugitive Lovers Paul Porter, aka Stephen Blaine 1934 The Mystery of Mr. X Nicholas Revel 1934 Riptide Tommie Trent 1934 Hide-Out Jonathan "Lucky" Wilson 1934 Forsaking All Others Dillon "Dill"/"Dilly" Todd 1935 Biography of a Bachelor Girl Richard "Dickie" Kurt 1935 Vanessa: Her Love Story Benjamin Herries 1935 No More Ladies Sheridan Warren 1936 Petticoat Fever Dascom Dinsmore 1936 Trouble for Two Prince Florizel Título alternativo: The Suicide Club 1936 Piccadilly Jim James "Piccadilly Jim" Crocker Jr. 1937 Lord Arthur Dilling 1937 Night Must Fall Danny Candidato ao Óscar ao mellor actor 1937 Ever Since Eve Freddie Matthews 1937 Live, Love and Learn Bob Graham 1938 The First Hundred Years David Conway 1938 Yellow Jack John O'Hara 1938 Three Loves Has Nancy Malcolm "Mal" Niles 1939 Fast and Loose Joel Sloane 1940 Robert Kilmount 1940 Busman's Honeymoon Lord Peter Wimsey Título alternativo: Haunted Honeymoon 1941 Mr. & Mrs. Smith David Smith 1941 Rage in Heaven Philip Monrell 1941 Here Comes Mr. Jordan Joe Pendleton Candidato ao Óscar ao mellor actor 1941 Unfinished Business Tommy Duncan 1945 They Were Expendable Tte. John Brickley Tamén director durante a doenza de John Ford (sen acreditar) 1947 Lady in the Lake Phillip Marlowe Tamén director 1947 Ride the Pink Horse Lucky Gagin Tamén director 1948 Matt Saxon 1948 June Bride Carey Jackson 1949 Poet's Pub Dancer Sen acreditar 1949 Once More, My Darling Collier "Collie" Laing Tamén director 1950 A testemuña Adam Heyward Tamén director 1960 Narrator Tamén director

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Wise, James. Stars in Blue: Movie Actors in America's Sea Services. Annapolis, Maryland: Naval Institute Press, 1997. Ligazóns externas The Earl of Hollywood Robert Montgomery images Donald Phelps: The Rich Boy – The Reticent Artistry of Robert Montgomery

Categoría:Nados no condado de Dutchess, Nova York Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1981 Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Presentadores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores do estado de Nova York Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Finados por cancro