Os nomes era común (e. c.) e antes da era común (a. e. c.) son designacións alternativas ao emprego das expresións «despois de Cristo» (d. C.) e «antes de Cristo» (a. C.), respectivamente. Nalgunhas ocasións, en lugar de e. c. pódese atopar a abreviación e. v. (en latín, era vulgaris: ‘era común’).TheLema101. com (calendario telémico, en inglés). Consultado o 11 de abril de 2021. Existen moitos documentos en case todas as linguas onde non se utiliza a abreviatura d. C. nin e. c. (quizais considerada superflua), directamente inscríbese o número da data da era actual, aínda que se usa a. C. ou ben a.e. c. se o suceso ocorreu denantes do ano 1.

Usos

Entre os maiores museos do mundo (como a Smithsonian Institution)«World history standards» (‘estándares na historia mundial’), artigo (en inglés) do 9 de setembro de 2006 no sitio web do Smithsonian Institute. tamén se popularizou a utilización de «era común». Moitas guías de referencia de centros educativos e medios de comunicación social prescriben o uso de EC.«Ostracon guidelines» (regras de presentación de traballos para The Ostracon), Egyptian Study Society (Sociedade de Estudos Exipcios). Ligazón inaccesíbel por requirir inicio de sesión; Chass.ColoState-Pueblo.edu, 9 de setembro de 2006; Press.jhu.edu (Regras de presentación de manuscritos); SagePub.com (American Journal of Philology [‘Revista estadounidense de filoloxía’], Journal for the Study of the Pseudepigrapha (‘Revista para o estudo dos pseudoepígrafos’). YorkU.ca (Canadian Journal of Cultural Studies Style Guide: guía de estilo da Revista Canadense de Estudos Culturais]. Mesmo guías de igrexas cristiás regulan devandito uso, como a Igrexa Episcopal nos Estados Unidos de América na diocese de Maryland.ANG-MD.org (Maryland Church News Submission Guide & Style Manual, Maryland Church News, 2005-04-01).

As designacións era común e antes da era común son usadas por científicos e académicos laicos (agnósticos ou ateos), ou seguidores dalgunha confesión, debido á súa neutralidade, posto que os termos «a. C.» e «d. C.» posúen un matiz relixioso.Fuentes Rodríguez, César: «Mundo gótico», páx. 11. Intelectuais que non subliñan o aspecto relixioso das datas en áreas de historia, arqueoloxía, socioloxía e antropoloxía, utilizaron en recentes décadas EC e AEC. Moitos escritores xudeus, musulmáns e outros prefiren a anotación como termo neutral, mentres algúns cristiáns interpretan erroneamente a abreviatura e. c. (‘era común’) como ‘era cristiá’.

Nas súas publicacións, as Testemuñas de Xehová usan exclusivamente "E. C." e "A. E. C.", e explican xeralmente nos pés de páxina que o mesmo se refire a ‘era común’ e ‘antes da era común’.Por exemplo: «Nesta publicación, no canto das abreviaturas tradicionais “d. de J. C.” e “a. de J. C.”, ou “d. C.” e “a. C.”, úsanse as abreviaturas máis exactas “E. C.” (era común) e “a. E. C.” (antes da era común)». «A Biblia... a Palabra de Deus, ou palabra do home?». Isto en consideración da ampla difusión das súas publicacións incluíndo países non cristiáns, como tamén por motivos de interpretación relixiosa.

En arqueoloxía adoita utilizarse a denominación «antes do presente» (AP) que por convención refírese ao presente do ano 1950. Un datado radiocarbónico cunha antigüidade de 4000 anos AP equivale aproximadamente á expresión 2000 AEC (2000 Antes da Era Común, que equivale a dicir ‘2000 antes de Cristo’).

Nosa era A denominación «nosa era» ―do mesmo xeito que «era común»― desígnase a través dela o mesmo período que computa os anos para partir do ano 1 (convencionalmente o ano do nacemento de Xesucristo) mais cunha visión universal que exclúe a parcialidade relixiosa.

Como alternativa á abreviatura «a. C.» (‘antes de Cristo’) proponse o uso do acrónimo ANE ou a abreviatura a. n. e. (‘antes da nosa era’). Por exemplo, segundo a súa lenda fundacional, Roma fundouse no 753 a. n. e.

Como alternativa á abreviatura d. C. (‘despois de Cristo’) proponse o uso do acrónimo NE ou a abreviatura n. e. (‘nosa era’). De acordo coas regras de escritura do idioma galego, as abreviaturas deben levar un espazo após cada punto.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Australia eliminará el «antes de Cristo» (AC) y «después de Cristo» (DC) de los textos escolares . Bartleby.com (The Columbia Guide to Standard American English (1993): A.D., B.C. (A.)C.E., B.C.E.) «The use of CE and BCE to identify dates» (‘o uso de EC e AEC para identificar as datas’), artigo en inglés publicado no sitio web Religious Tolerance. «Victor Mair: The need for a new era» (‘a necesidade dunha nova era’), no sitio Sino-Platonic. Convencións para datar os anos, no sitio SunEarth da NASA. «Whatever happened to B.C. and A.D., and why?» (‘¿Qué lles pasou a a. C. e a A. D., e por qué?’), artigo no sitio web UCC.org (United Church of Christ: Igrexa Unida de Cristo). «P. C. scholars take Christ out of BC», artigo da axencia Associated Press no xornal Washington Times do 25 de abril de 2005.

Categoría:Calendarios Categoría:Laicismo