A actinomicose é unha enfermidade infecciosa causada por bacterias do xénero Actinomyces. A Actinomyces israelii é o principal axente nos seres humanosGeorge F. Brooks et. al. Jawetz, Melnick & Adelberg's Medical Microbiology. McGraw-Hill Professional, 24ª ed, 2007, páxina 220 e a Actinomyces bovis nos animais William Arthur Hagan et al. Hagan and Bruner's Microbiology and Infectious Diseases of Domestic Animals. Cornell University Press, 8ª ed, 1988, páxina 259. A enfermidade é de distribución mundial e afecta nunha porcentaxe maior aos homes cás mulleresMartin Dworkin et al. The Prokaryotes: Archaea. Bacteria: Firmicutes, Actinomycetes. Springer, 3ª ed, 2006, páxina 483, causa tumores que botan un líquido purulento. Adoita tratarse con penicilina. Enfermidade pouco frecuente entre os humanos afecta en especial ós bóvidos e ós equinos.

Notas

Categoría:Doenzas