Joaquín Baldomero Fernández Espartero Álvarez de Toro, nado en Granátula de Calatrava, Cidade Real, o 27 de febreiro de 1793 e finado en Logroño o 8 de xaneiro de 1879, foi un militar e político español, Conde de Luchana, Duque de la Victoria, Duque de Morella, Vizconde de Banderas e Príncipe de Bergara.
Seu pai procurou para el unha formación cun destino eclesiástico, pero a guerra da Independencia arrastrouno dende moi pequeno á batalla. Combatente en tres dos catro conflitos máis importantes da España do século XIX, foi soldado na guerra contra a invasión do francés, oficial durante a guerra colonial no Perú e xeneral en xefe na primeira guerra carlista. Viviu en Cádiz o nacemento do liberalismo español, camiño que non deixaría endexamais. Home extremadamente duro no trato, valoraba a lealdade dos seus compañeiros de armas, tanto como a eficacia. Combateu en primeira liña, foi ferido en oito ocasións e o seu carácter altivo e esixente levouno a cometer excesos, en ocasións moi sanguentos, na disciplina militar. Convencido de que o seu destino era gobernar os españois, foi por dúas veces presidente do Consello de ministros e chegou a Xefatura do Estado como rexente durante a minoría de idade da raíña Isabel II. Foi o único militar español con tratamento de Alteza Real e, a pesar de todas as súas contradicións, soubo pasar desapercibido os últimos 28 anos. Rexeitou a Coroa de España e foi tratado como unha lenda dende moi novo.
Inicios Menor de oito irmáns,Algúns biógrafos falan de nove irmáns. era fillo dun carreteiro e pequeno empresario acomodado que proviña dunha liñaxe fidalga que se viñera a menos. Tres dos seus irmáns foron relixiosos e unha irmá monxa clarisa. En Granátula de Calatrava, recibiu clases de latín e humanidades. Cursou os seus primeiros estudos oficiais no Seminario de Almagro, onde residía un irmán dominico seu, e obtivo o título de Bacharelato en Artes e Filosofía. Almagro contaba coa súa propia universidade dende 1553 pola Real Cédula de Carlos I e era unha cidade moi activa e próspera. O seu pai desexaba para Espartero unha formación eclesiástica, pero o destino truncou esta posibilidade. En 1809 alistouse no exército para formar parte do levantamento do 2 de maio en Madrid contra a ocupación napoleónica. As universidades cerraran o ano anterior por Carlos IV e a propia Almagro foi fechada polos franceses.
Foi recrutado xunto a un numeroso grupo de mozos pola Xunta Suprema Central que se constituíra en Aranjuez baixo a autoridade do xa ancián Conde de Floridablanca, co fin de deter na Mancha ao invasor antes de que as tropas inimigas chegaran a Andalucía. Foi alistado polo Rexemento de Infantaría de Ciudad RodrigoO destino primeiro de Espartero é discutido. Nuns casos falase de Cidade Real e noutros directamente de Sevilla, dende onde acudiu cara o centro da península nas primeras operacións nas que participou. en calidade de Soldado Distinguido, grao que adquiriu polos seus cursos universitarios. Durante o tempo que estivo nas liñas da fronte na zona centro-sur de España, participou na Batalla de Ocaña, onde as forzas españolas foron derrotadas.O fracaso en Ocaña levou a afirmar a Espartero: Aquél día principié a ser hombre. De novo a súa condición de universitario permitiulle formar parte do Batallón de Voluntarios Universitarios que se agrupou ao redor da Universidade de Toledo en agosto de 1808,A formación de unidades e batallóns por parte das universidades foi algo habitual. As denominacións empregadas foron varias. En calquera caso, tratábase de nutrir a un exército en retirada de homes capaces con certa formación para ascender despois. Estes grupos disolvéronse nas academias creadas máis tarde pola Xunta Central. pero o avance francés levouno ata Cádiz onde cumpría a súa unidade funcións de defensa da Xunta Suprema Central. As necesidades perentorias dun exército case destruído polo inimigo obrigaron á formación rápida de oficiais que se instruíran na técnica militar. A formación universitaria previa de Espartero permitiu que o coronel de artillaría, Mariano Gil de Bernabé, o seleccionara xunto a outro grupo de mozos entusiastas na recentemente creada Academia Militar de Sevilla. O novo destino non evitou que participase dende o primeiro momento en batallas co inimigo durante a súa formación como cadete, e así consta na súa folla de servizos.Na folla de servizos de Espartero figura a súa participación nalgunhas accións de non excesiva importancia. As cualificacións académicas que obtivo foron correntes, excepto en táctica, onde destacou con "sobresaínte". Integrouse, xunto con outros 48 cadetes, na Academia de Enxeñeiros o 11 de setembro de 1811 e ascendeu a subtenente o 1 de xaneiro do ano seguinte. Suspendeu o segundo curso, pero ofrecéuselle como alternativa incorporarse á arma de infantaría, igual que outros subtenentes. Participou en destacadas operacións militares en Chiclana, o que lle valeu a súa primeira condecoración: Cruz de Chiclana.
Acurralado polos exércitos franceses dende 1810, foi espectador de primeira liña dos debatas nas Cortes de Cádiz na redacción da primeira Constitución Española, o que marcou a súa decidida defensa do liberalismo e o patriotismo.
Mentres a guerra tocaba a súa fin, estivo destinado no rexemento de Infantaría de Soria e en dita unidade desprazouse a Cataluña combatendo en Tortosa, Amposta e Xerta, até regresar con Rexemento a Madrid.
Camiño a América Rematada a guerra, e desexoso de proseguir a súa carreira militar, alistouse en setembro de 1814 -ao tempo que era ascendido a tenente- no Rexemento de Estremadura, embarcando na fragata Carlota cara América o 1 de febreiro de 1815 para sufocar a rebelión independentista das colonias.
A corte fernandina conseguira desprazar a ultramar a seis rexementos de infantaría e dous da cabalaría. Ás ordes do xeneral Miguel Tacón y Rosique, Espartero quedou integrado nunha das divisións formadas co Rexemento de Estremadura que se dirixiu ao Perú dende Panamá. Chegaron ao porto de El Callao o 14 de setembro e presentáronse en Lima, coa orde de substituír o Marqués da Concordia como vicerrei do Perú polo xeneral Joaquín de la Pezuela, vitorioso na zona.
Os maiores problemas concentrábanse na penetración de forzas hostís dende Chile e Río da Prata ao mando do xeneral San Martín. Para obstaculizar os movementos, adicouse a fortificar Arequipa, Potosí e Charcas, traballo para o cal a única persoa con coñecementos técnicos en todo o Exército do Alto Perú era Espartero, por ter dous anos de formación na escola de enxeñeiros. O éxito da empresa serviulle para o ascenso a capitán o 19 de setembro de 1816 e, aínda antes de cumprir u ano, o de segundo comandante.
Táctica militar Tras o pronunciamento de Rafael del Riego e o xuramento da Constitución de 1812 polo rei, as tropas peninsulares en América dividíronse entre realistas e constitucionalistas. José de San Martín aproveitou este momento de división interna para continuar o avance, ante o cal un numeroso grupo de oficiais destituíu a Pezuela como vicerrei o 29 de xaneiro de 1821, nomeando no seu lugar ao xeneral José de la Serna e Hinijosa. Descoñecese con exactitude o papel que xogou neste movemento Espartero, aínda que a súa unidade se mantivo unida ao novo vicerrei. Sexa como fora, o que sería máis tarde Duque de la Victoria puxo moito empeño no sur do Perú e leste de Bolivia nun modo de combate singular caracterizado por escasas tropas e accións rápidas onde o coñecemento do terreo e a capacidade de aproveitar ao máximo os recursos a man eran determinantes. Este modo de operar será o que máis tarde se desenvolva na Primeira Guerra Carlista.
miniatura|esquerda|250px|O "Cañón de la Colca" foi unha das localizacións empregadas por Espartero en Arequipa para consolidar as posicións das tropas realistas.
Os ascensos de Espartero por accións de guerra foron constantes. En 1823 era xa Coronel de Infantaría a cargo do Batallón del Centro do Exército do Perú. Cando o xeneral insurrecto Alvarado tratou de penetrar con forzas moi superiores polas fortificacións de Arequipa e Potosí, das que se sentía especialmente orgulloso Espartero, o xeneral Jerónimo Valdés non dubidou en encargar a este a defensa da posición de Torata, con apenas catrocentos homes, co fin de deter aos inimigos dende ela, ao tempo que Valdés organizaba unha trampa. Ao chegar os sublevados, Espertero mantivo durante dúas horas a posición causando importantes baixas e repregándose as ordes de Valdés de maneira ordenada, mentres este saía ao encontro do inimigo sen permitirlle avanzar e, nun erro do xeneral Alvarado ao despregar unha liña de fronte excesiva, Valdés lanzou un ataque dende o que desbaratou as pretensións de penetración. Tras a chegada de José de Canterac, o inimigo foi posto en fuga, sendo o batallón de Espartero un dos que perseguiu as forzas que fuxían por Moquehua e destacou por destruír por completo a chamada Legión Peruana. O xeneral Valdés dixo sobre Espartero:"«Tiene mucho valor, talento, aplicación y conocida adhesión al Rey nuestro señor: es muy a propósito para el mando de un Cuerpo y más aún para servir en clase de oficial de Estado Mayor por sus conocimientos. Éste será algún día un buen general ...»"
A valentía de Espartero había que engadirlle o seu sangue frío e capacidade de engano do inimigo, infiltrándose entre os sublevados para logo arrestalos e, en xuízo sumarísimo, condenalos a morte e executalos. Este modo de proceder sería constante na súa carreira.
Fin da etapa americana e regreso a España O 9 de outubro de 1823 o vitorioso comandante foi ascendido a brigadier outorgándoselle o mando do Estado Mayor do exército do Alto Perú. Tras finalizar labouras de control dor restos de insurxentes, La Serna enviouno á Conferencia de Salta como representante plenipotenciario do vicerrei para a firma do armisticio que permitise a extensión dos acordos cos insurrectos de Buenos Aires ao Perú. En Salta Espartero reuniuse co xeneral José Santos de la Hera , que actuaba en nome de comisarios rexios. Acreditado, Espartero comunicou a La Hera que o acordo non era posible pois as forzas inimigas carecían de toda capacidade operativa e non se sentía o vicerrei obrigado a outorgar máis que a xenerosidade coa que foran tratados. A actitude hostil de La Serna e o propio Espartero cara aos delegados en nome do rei Fernando interpretouse como un levantamento contra a coroa para algúns, ou como unha medida de contención das aspiracións independentistas para outros.A Conferencia de Salta segue provocando diferenzas na análise dos historiadores. Os comisionados rexios, Antonio Luis Pereira e Luis de la Robla, alcanzaran un acordo en Buenos Aires que incluía unha importante autonomía en materia económica e comercial. Trasladar o acordo ao Perú era a súa misión, pero La Serna, tras as súas vitorias, non estaba disposto a realizar concesións. De feito non quixo acudir a Salta persoalmente, enviando a Espartero coa expresa directriz de non ceder. O argumento en favor de La Serna é que deu por suposto que o Rei descoñecía la situación que se daba en aqueles momentos no Perú -non se recibiran instrucións de Madrid dende 1821-, e que obraba conforme aos intereses da Coroa. A posición crítica destaca que a actitude de La Serna foi un enfrontamento directo coa Coroa e axudou indirectamente a fortalecer las aspiracións independentistas. En calquera caso, Espartero non foi censurado pola súa labor neste caso, senón ao contrario, gabado tempo despois.
A figura de Espartero a esta idade foi tratada polo Conde de Romanones como:"... de ojos claros, mirada fría ... sus músculos faciales no se contraían en momento alguno...»" miniatura|dereita|250px|Batalla de Ayacucho