Concepción Rof Carballo, nada na Coruña en 1913 e finada en Barcelona en 2014, foi unha farmacéutica galega e profesora de Historia da Farmacia na Facultade de Farmacia da Universidade de Barcelona.Pintos (2016)

Traxectoria

Concepción Rof Carballo era flla de Juan Rof Codina, un dos principais impulsores da veterinaria en Galicia, e de Micaela Carballo. Estudou bacharelato no Instituto de Santiago. posteriormente cursou estudos de Farmacia e de Física en Santiago, Madrid e Barcelona. Foi socia da Sociedade Española de Física e Química (SEFQ).

Traballou no Instituto Nacional de Física e Química, na sección de Química-física dirixida por Enrique Moles. Doutorouse en Farmacia en 1971 co traballo “Biografía y labor docente de Francisco Carbonell y Bravo” na Universidade de Barcelona, e foi catedrática de Historia da Farmacia nesta universidade e membro da Real Academia de Farmacia de.Cataluña.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Farmacéuticos da Coruña Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 2014 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes