Ine Marie Eriksen Søreide, nada en Lørenskog o 2 de maio de 1976, é unha avogada e política norueguesa.
Traxectoria Nada en Lørenskog, Eriksen Søreide estudou dereito desde 1995 na Universidade de Tromsø. Mentres foi estudante universitaria uniuse ao Partido Conservador de Noruega e participou na política local. No 2000 converteuse en membro do Comité Central Executivo do Høyre e presidenta da Mocidade Conservadora Noruega.
Eriksen Søreide comezou traballando como produtora para Metropol TV. Tralo peche de Metropol TV, Eriksen uniuse ao bufete de avogados Grette. Entre o 2001 e o 2009, participou na Comisión Permanente de Educación, Investigación e Asuntos Eclesiásticos. En 2005, foi elixida como deputada no Storting por Oslo. É desde 2013 Ministra de defensa de Noruega.
En agosto de 2020, a portavoz de Søreide, Trude Maaseide, dixo que un diplomático ruso anónimo que traballaba na sección comercial da embaixada rusa en Oslo foi expulsado por vincularse co caso dun home encarcerado acusado de espiar para Rusia.Norway expels Russian diplomat after arresting suspected spy. 2020-08-19. Al Jazeera. Consultado 2020-08-24. Ó parecer, o diplomático expulsado era o oficial de intelixencia ruso que, segundo as autoridades norueguesas, estaba a reunirse co presunto espía (un cidadán noruegués) nun restaurante de Oslo cando foi arrestado.
Notas
Categoría:Nados en Noruega Categoría:Nados en 1976 Categoría:Políticos de Noruega