Juan García Míguez, nado en Ventosela (Ribadavia), foi un labrego e agrarista galego.

Traxectoria Labrego propietario de Ventosela. Dirixente da Sociedad Agraria de San Paio de Ventosela, participou na loita agrarista con Basilio Álvarez, combatendo a fraude do viño do Ribeiro.Gaceta de Galicia, 23-3-1917, p. 2. Deu unha conferencia na Casa de Galicia de Madrid presentado por Liñares Rivas.Eco de Galicia, 20-9-1917, p. 19. En 1917 emigrou a Cuba cos tres fillos co proxecto de poñer un almacén de viños.Eco de Galicia, 1-9-1917, p. 20. O almacén, co nome de La Tierra Agraria estaba instalado na rúa San Ignacio 106 da Habana.Eco de Galicia, 3-4-1921, p. 30. Fracasou por problemas co transporte do viño desde Galicia. Foi elixido presidente da sociedade Ribadavia y su Comarca da Habana en 1926.Heraldo de Galicia, 21-3-1926, p. 8. Retornou a Ventosela a finais dos anos vinte e continuou co seu labor no Sindicato Agrario, do que foi presidente en 1933 e 1934.El Pueblo Gallego, 7-3-1934, p. 8. Participou no Congreso Agrario provincial de Ourense en novembro de 1933.El Tea, 4-11-1933, p. 1.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Personalidades do agrarismo

Categoría:Nados en Ribadavia