Reem Omar Frainah (: ), máis coñecida como Reem Frainah, é unha activista dos dereitos humanos de Palestina. É tamén a Directora Executiva da Asociación Aisha para a Protección da Muller e do Neno.

Traxectoria Reem Frainah traballou no campo da protección das mulleres e dos nenos en Palestina desde 1993. Ademais do seu activismo, estudou matemáticas na universidade. Despois de rematar a súa licenciatura, traballou como mestra na escola primaria. A través dun curso de formación dun ano no Gaza Community Mental Health Program (GCMHP, en galego Programa de Saúde Mental da Comunidade de Gaza), púxose en contacto con Eyad al-Sarraj. A través de el, interesouse na psicoloxía, e en 2011, rematou a súa Mestría en psicoloxía na Universidade Al-Azhar de Gaza. A súa disertación centrouse nas "tendencias cara o compromiso relixioso e a súa relación co axuste marital dunha mostra de parellas na cidade de Gaza."

Un dos programas dentro do GCMHP converteuse na Asociación Aisha para a Protección da Muller e do Neno (AISHA), unha organización independente de mulleres palestinas que traballa para conseguir a integración de xénero a través do apoderamento económico e o apoio psicosocial ós grupos marxinados na Franxa de Gaza co foco na cidade de Gaza e a Zona norte. Cando AISHA se converteu nunha institución independente en 2009, Frainah foi nomeada Coordinadora do Programa. Converteuse na Directora Executiva de AISHA en 2013.

A maioría dos seus traballos inclúen a ensinanza, e proporcionar unha serie de servizos á maioría de mulleres e nenos máis marxinados de Gaza. Tamén escribiu artigos, estudos e documentos de traballo, participou en seminarios sobre o tema, e organizou obradoiros con diferentes entidades, como representantes do Goberno palestino, o Banco de Palestina, Deutsche Gesellschaft für Internationale Zusammenarbeit entre outros.

Notas

Categoría:Nados en Palestina Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Activistas polos dereitos humanos Categoría:Personalidades sen imaxes