Mohenjo-daro (en , "Outeiro dos Mortos";Mohenjo-Daro (archaeological site, Pakistan) on Encyclopedia Britannica website Consultado o 25 de novembro de 2019 en ) é un xacemento arqueolóxico na provincia de Sind, Paquistán. Construído arredor do 2500 a.C., foi un dos maiores asentamentos da antiga civilización do val do Indo e unha das primeiras cidades importantes do mundo, contemporáneas ás civilizacións do antigo Exipto, Mesopotamia, Creta minoica e Norte Chico. Mohenjo-daro foi abandonado no século XIX a.C. cando a civilización do val do Indo diminuíu e o lugar non foi redescuberto ata a década de 1920. Dende entón realizáronse importantes escavacións no lugar da cidade, que foi designada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1980. O xacemento está ameazado pola erosión e unha restauración inadecuada."Mohenjo Daro: Could this ancient city be lost forever?". BBC. 27 de xuño de 2012. Consultado o 27 de outubro de 2012.
Etimoloxía Descoñécese o nome orixinal da cidade. Baseado na súa análise dun selo de Mohenjo-daro, Iravatham Mahadevan especulou con que o nome antigo da cidade podería ser Kukkutarma ("a cidade [-rma] do galo [kukkuta]"). A loita de galos puido ter un significado ritual e relixioso para a cidade, con galiñas domesticadas criadas alí con fins sagrados, en lugar de como fonte de alimento. Mohenjo-daro tamén puido ser un punto de difusión para a eventual domesticación mundial das galiñas.Poultry Breeding and Genetics . R. D. Crawford (1990). Elsevier Health Sciences. pp. 10–11, 44.
Mohenjo-daro, o nome moderno do sitio, foi interpretado de varias maneiras como "Outeiro dos Mortos" en sindhi e como "Outeiro de Mohan" (onde Mohan é Krishna).
Situación miniatura|250px|Extensión teórica e xacementos principais da civilización do val do Indo Mohenjo-daro está situado ao oeste do río Indo no distrito de Larkana, Sindh, Paquistán, nunha posición central entre o río Indo e o río Ghaggar-Hakra. Está situado nunha cordilleira do Plistoceno no medio da chaira inundable do val do río Indo, a uns 28 quilómetros da cidade de Larkana. A dorsal destacaba durante a época da civilización do val do Indo, permitindo á cidade situarse por riba da inundación circundante, mais as inundacións posteriores soterraron a maior parte da dorsal en depósitos de limo. O Indo aínda flúe ao leste do xacemento, pero o leito do río Ghaggar-Hakra no lado occidental está seco.
Contexto histórico Mohenjo-daro foi construído no século XXVI a.C.Ancientindia.co.uk. Consultado o 2 de maio de 2012. Foi unha das cidades máis grandes da antiga civilización do val do Indo, tamén coñecida como a civilización Harappa, que se desenvolveu arredor do 3000 a.C. a partir da cultura prehistórica do Indo. No seu apoxeo, a civilización do Indo abranguía gran parte do que hoxe é Paquistán e o norte da India, estendéndose cara ao oeste ata a fronteira iraniana, ao sur ata Gujarat na India e cara ao norte ata un posto avanzado en Bactria, cos principais centros urbanos en Harappa, Mohenjo-daro, Lothal, Kalibangan, Dholavira e Rakhigarhi. Mohenjo-daro foi a cidade máis avanzada do seu tempo, cunha enxeñaría civil e unha planificación urbanística moi sofisticadas.A H Dani (1992). "Critical Assessment of Recent Evidence on Mohenjo-daro". Second International Symposium on Mohenjo-daro, 24–27 February 1992. Cando a civilización do Indo entrou en repentino declive arredor do 1900 a.C., Mohenjo-daro foi abandonada.Kenoyer, Jonathan Mark (1998). “Indus Cities, Towns and Villages”, Ancient Cities of the Indus Valley Civilization. Islamabad: American Institute of Pakistan Studies. p. 65.
Redescubrimento e escavación miniatura|A regularidade das rúas e os edificios suxire a influencia dun antigo planeamento urbanístico na construción de Mohenjo-daro As ruínas da cidade permaneceron indocumentadas durante uns 3700 anos ata que R.D. Banerji, oficial do Arqueological Survey of India, visitou o xacemento entre 1919 e 1920 identificando o que pensou que era unha estupa budista (150-500 d.C.) que se sabía que estaba alí e atopar un raspador de sílex que o convenceu da antigüidade do sitio. Isto levou a escavacións a grande escala de Mohenjo-daro dirixidas por Kashinath Narayan Dikshit en 1924–25 e John Marshall en 1925–26. Na década de 1930 realizáronse importantes escavacións no lugar baixo o liderado de Marshall, D. K. Dikshitar e Ernest Mackay. Mortimer Wheeler e o seu aprendiz, Ahmad Hasan Dani, levaron a cabo outras escavacións en 1945. As últimas grandes series de escavacións foron realizadas en 1964 e 1965 por George F. Dales. Despois de 1965 prohibíronse as escavacións debido aos danos causados pola intemperie nas estruturas expostas e os únicos proxectos permitidos no lugar foron escavacións de salvamento, levantamentos superficiais e proxectos de conservación. Na década de 1980, grupos de sondaxes alemáns e italianos dirixidos por Michael Jansen e Maurizio Tosi empregaron técnicas arqueolóxicas menos invasivas, como documentación arquitectónica, levantamentos superficiais e sondaxes localizadas, para recoller máis información sobre Mohenjo-daro. Unha perforación de núcleo seco realizada en 2015 polo Fondo Nacional de Paquistán para Mohenjo-daro revelou que o xacemento era máis grande que a área desenterrada.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Chaudhury, N. C. Mohenjo-Daro and the Civilization of Ancient India with References to Agriculture. Calcutta: W. Newman & Co, 1937. Mackay, E. J. H., ed. (1937). Further Excavations At Mohenjo-daro: Being an official account of Archaeological Excavations at Mohenjo-Daro carried out by the Government of India between the years 1927 and 1931. Volume I Volume II Marshall, John Hubert, ed. (1931). Mohenjo-Daro and the Indus Civilization: Being an official account of Archaeological Excavations at Mohenjo-Daro carried out by the Government of India between the years 1922 and 1927. Arthur Probsthain Volume I Volume II Volume III McIntosh, Jane (2008). The Ancient Indus Valley: New Perspectives. ABC-CLIO, 2008. Ligazóns externas Official website of Mohenjodaro UNESCO World Heritage Sites 103 Slide Tour and Essay on Mohenjo-daro by Dr. J.M. Kenoyer
Categoría:Patrimonio da Humanidade en Paquistán Categoría:Arqueoloxía Categoría:Cidades desaparecidas