Perempuan Tanah Jahanam é un filme indonesio de terror de 2019 escrito e dirixido por Joko Anwar. Está protagonizado por Tara Basro, Marissa Anita, Christine Hakim, Asmara Abigail e Ario Bayu. Perempuan Tanah Jahanam estreouse en Indonesia o 17 de outubro de 2019. Foi proxectado no Festival de Cinema de Sundance o 26 de xaneiro de 2020, e nos Estados Unidos a través de Shudder o 23 de xullo de 2020.

Foi escollido como candidato de Indonesia para o Óscar ó mellor filme internacional na 93ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse Maya e Dini son amigas e traballan na peaxe da autoestrada. Unha noite, Maya é atacada no traballo por un home cun golok. O seu atacante di que é da aldea de Harjosari e chama a Maya por outro nome, Rahayu.

Seguindo a inscrición dunha antiga foto que mostra a Maya de nena cunha parella diante dunha gran casa, Maya e Dini viaxan á remota Harjosari para buscar a casa coa esperanza de vendela. En Harjosari atopan aldeáns fríos e suspicaces.

Personaxes Tara Basro como Maya Marissa Anita como Dini Asmara Abigail como Ratih Christine Hakim como Misni Ario Bayu como Saptadi Zidni Hakim como Donowongso Afrian Aris como Banyu Kiki Narendra como Bambang Faradina Mufti como Shinta Abdulrahman Arief como Nano Muhammad Abe como Suryo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Indonesia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 93ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua indonesia Categoría:Filmes de Indonesia Categoría:Filmes rodados en Indonesia Categoría:Filmes ambientados en Indonesia Categoría:Filmes de CJ Entertainment Categoría:Filmes de terror