Grial, subtitulada Revista galega de cultura, é unha publicación trimestral editada pola editorial Galaxia (Vigo), desde 1963. Pode considerarse como un dos mellores referentes das revistas culturais galegas.

Descrición Como antecedente da revista cabe lembrar a Colección Grial, publicada tamén por Galaxia en 1951 pero que foi pechada pola censura franquista trala publicación de tan só catro números, titulados: Presencia de Galicia, Pintura actual en Galicia, Presencia de Curros y Doña Emilia e Aspectos económicos e xurídicos de GaliciaVilavedra, 2004, p. 396.

Entre 1952 e 1963, intentouse conseguir o permiso administrativo para volver publicar a revista, sen éxito. Soamente coa apertura, favorecida por Manuel Fraga, en 1963, se puido conseguir.Fernández del Riego, 1996, p. 66

Na revista Grial aparecen traballos de moitas personalidades relevantes do panorama cultural galego e internacional que obedecen a un dobre propósito: informar sobre a realidade de Galiza, e informar e reflexionar sobre os máis diversos aspectos da cultura universal empregando a lingua galega. Os grandes pensadores da cultura universal, apareceron en Grial grazas ás traducións realizadas polos colaboradores da revista, que se esforzaron en levar ao galego textos da cultura mundial de Le Corbusier, André Breton ou Baudelaire entre outros moitos.Fernández del Riego, 1996, p. 68

Os directores da revista foron Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego ata o número 100. En 1989 asumiu a dirección Carlos Casares e, trala morte deste en 2003, os directores foron Víctor F. Freixanes e Henrique Monteagudo. En 2026 asumiu a dirección María López Sandez.

En xaneiro de 2021 Galaxia publicou en aberto (en formato PDF) os 156 primeiros números da revista e, en 2023, ampliou a oferta até o número 228.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Páxina web da revista Grial Índice actualizado da revista Grial Números do 1 ao 240 na Editorial Galaxia

Categoría:Revistas editadas en Galicia Categoría:Prensa escrita de Vigo Categoría:Editorial Galaxia Categoría:Revistas españolas do século XX Categoría:Revistas españolas do século XXI

Categoría:1963 en Galicia Categoría:Revistas literarias de España