Didáctica, Metodoloxía e Materiais foi unha colección de libros editados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da entón Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
Dedicada a calquera tipo de materiais que puidesen axudar a impartir clases en galego, dende estudos literarios e guías de comentarios de texto a modelos lingüísticos de conxugación verbal, foi un fito na normalización terminolóxica galega debido a que os seus libros máis centrados en labores lexicográficos foron moi innovadores en temática, calidade e cantidade.
Uns exemplos disto son os seguintes títulos: Título Autor(es) Ano ISBN Vocabulario comercial (no interior, Vocabulario comercial básico) Ana Isabel Boullón Agrelo, Carlos Díaz Abraira e Mercedes Penoucos Castiñeiras 1988 84-453-0003-2 Vocabulario do medio agrícola (no interior, O medio agrícola) Inés Ruibal Cendón, Xermán García Cancela e Xosé Torres Romar 1988 sen ISBN (DL: PO-320/88) Vocabulario do medio físico (no interior, Vocabulario sobre "o medio físico e o asentamento humano") Manuel Carlos Núñez Singala, Benigno Fernández Salgado e María Xesús Miramontes Castro 1988 sen ISBN (DL: PO-305/88) Vocabulario dos deportes Paulino Novo Folgueira 1988 84-453-0002-4 Vocabulario de tabernas, bares e cafeterías Antonio Puentes Chao, Alexandre Rodríguez Guerra e Francisco Xabier Varela Barreiro 1991 84-453-0242-6 Vocabulario de restaurantes Antonio Puentes Chao, Alexandre Rodríguez Guerra e Francisco Xabier Varela Barreiro 1991 84-453-0243-4 Vocabulario de cócteles Antonio Novo Salgado 1991 84-453-0244-2 Vocabulario da electricidade e electrónica Ricardo Fernández Sabín 1991 84-453-0262-9 * Vocabulario das ciencias naturais Andrés Sanjuán López 1991 84-453-0262-0 * Diccionario galego de xeografía Xosé María Fandiño Martínez, Carlos Ferrás Sexto, Francisco Xabier Méndez Martínez e María Pilar Tobar Quintanar 1993 84-453-0643-X Diccionario galego de banca Ánxeles Carballo Martínez e Benxamín Dosil López 1993 84-453-0945-5 * : Algún destes dous está mal segundo a normalización do ISBN
Categoría:Normalización lingüística do galego Categoría:Terminoloxía Categoría:Edición en Galicia Categoría:Didáctica