Kent Vernon "Rommel" Rominger, nado en Del Norte, Colorado, o 7 de agosto de 1956, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-73, STS-100, STS-80, STS-96 e STS-85.

Traxectoria Rominger graduouse en enxeñaría civil pola Universidade do Estado de Colorado en 1978 e é máster en enxeñaría aeronáutica pola Escola Naval de Posgraduados dos Estados Unidos en 1987.

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en marzo de 1992, participando nas misións STS-73, STS-100, STS-80, STS-96 e STS-85 e pasando un total de 67,12 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-73 STS-100 STS-80 STS-96 STS-85

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1956 Categoría:Nados en Colorado