A Casa Palander (en finés Palanderin talo) é un inmoble de estilo Art Nouveau na cidade de Tampere, Finlandia. O edificio está situado no centro da cidade, no extremo sur de Keskustori no barrio de Nalkala. O edificio de seis pisos conta con numerosas tendas e oficinas. Os tres andares superiores son na súa maior parte vivendas privadas. Na parte central do piso superior da fachada de Keskustori estivo situado un estudio, que é unha das partes máis famosas do edificio. Neste estudo traballaron moitos artistas locais e estranxeiros, salientando Hugo Simberg e Kimmo Kaivanto. O estudio pertenceu durante moito tempo á cidade de Tampere.

Historia En 1897 o vice-xuíz Karl Verner Palander mercou a propiedade do número 7 de Keskustori. A idea era construír unha casa de estilo Art Nouveau. Contratou a Birger Federley como arquitecto do proxecto e a Jonas Andersson como mestre construtor.Tampereen historia - Jonas Anderssonin lentävä lavitsa 1908 A parte oriental da casa foi finalizada de acordo cos seus planos en 1901. Inspirado pola Exposición Universal de París de 1900, Palander quixo cambiar os planos, e para a parte occidental inacabada solicitou novos deseños a Vihtori Heikkilä. Logo Federley presentou unha denuncia por unha alteración non autorizada do seu deseño. A parte oeste que dá á rúa de Alexis Kivi foi finalizada catro anos despois.

O propio Palander viviu na casa ata a súa morte en 1922, momento no que a casa pasou a ser propiedade do Banco de Finlandia. En relación coa compra, a casa foi modificada para ser máis apropiada para o uso como oficina. Ademais a porta principal foi reconstruída segundo o estilo da década de 1920. A oficina do banco estivo situada na planta baixa e a casa era tamén coñecida como o edificio do Banco de Finlandia. Hoxe en día, o Banco de Finlandia non é o propietario do inmoble, e a Casa Palander foi restaurada a principios dos anos 2000.

A Casa Palander ía ser demolida en base ao plan urbanístico de 1938. Con todo, os planos non chegaron materializarse co estalido da segunda guerra mundial.Tampereen historia - Keskustori Tampereen sydämessä on monta näytöstä kokenut

Notas

Categoría:Edificacións de Tampere