A carballesa é unha composición musical e un baile variante da muiñeira. O baile, sempre en roda, conservouse só nas zonas montañosas do Courel.
Características De ritmo rápido e vivo, escríbese en compás de 6/8 ou de 2/4. Bailase en roda, cun bailador (guía) que inicia os puntos sendo a continuación imitado polo resto das parellas. Adoita ir acompañada por unha charanga e ser interpretada polos grupos de baile tradicional con zocos, zocas e o resto da vestimenta propia da montaña.
O folclorista Casto Sampedro atribúe o seu nome, sen fundamento, á súa "xeneralidade" nas terras do Carballiño. A música foi recollida tamén noutras areas galegas como Melide ou Boimorto, porén, nas recollas realizadas a finais do século XX, só se documenta xa o baile na zona do Incio e do Courel. Segundo o cancioneiro deste autor, cando unha parella sobresaía sobre as outras polo alto dominio técnico do baile os restantes bailadores abandonaban a danza para convertérense en espectadores. Asemade afírmase que en ocasións era a muller, e non o home, a que guiaba os puntos do baile.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Muiñeira Muiñeira vella
Ligazóns externas Carballesa de Folgoso do Courel - Asociación Cultural Donaire (2016) - Youtube. Carballesa do Incio - Agrupación Folclórica Tequexetéldere (2018) - Youtube.
Categoría:Muiñeira Categoría:Baile tradicional galego