O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2022 foi a 73ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), o órgano de goberno internacional do automobilismo, como a máxima clase de competición para coches de carreiras de rodas aberta. O campionato disputouse nunha serie de 22 carreiras, ou Grandes Premios, celebrados en todo o mundo e que remataron antes que noutros anos recentes para evitar a superposición co Mundial de Fútbol de 2022. Equipos e pilotos competiron polo Campionato do Mundo de Pilotos e polo Campionato do Mundo de Construtores.
O campionato de 2022 introduciu cambios significativos no regulamento técnico do deporte. Estaba previsto introducir estes cambios en , pero atrasáronse ata 2022 en resposta á pandemia da COVID-19. Max Verstappen, que era o vixente campión de pilotos, acadou o seu segundo título no Gran Premio do Xapón, mentres que o seu equipo, o Red Bull Racing, logrou o seu quinto Campionato Mundial de Construtores, e o primeiro desde , no seguinte Gran Premio dos Estados Unidos. Mercedes eran os anteriores campións de construtores.
Esta foi a última tempada para o catro veces campión do mundo Sebastian Vettel. O sete veces campión do mundo Lewis HamiltonaAfrontou unha tempada difícil con Mercedes, sen conseguir nin unha pole position nin unha vitoria nun Gran Premio durante a tempada, a primeira vez que ocorreu desde que debutara en .https://www.statsf1.com/en/statistiques/pilote/pole/annee-consecutive.aspxhttps://www.planetf1.com/news/lewis-hamilton-ends-2022-zero-wins/
Equipos e pilotos Os seguintes construtores e pilotos competiron no Campionato Mundial de 2022. Todos os equipos competiron cos pneumáticos subministrados por Pirelli.
Equipo FotoConstrutorChasisMotoresPneu. NºPilotos Roldas Alfa Romeo F1 Team Orlen150pxAlfa Romeo-FerrariC42 Ferrari 066/7 24 Guanyu Zhou Todas 77 Valtteri Bottas Todas Scuderia AlphaTauri150pxAlphaTauri-Red BullAT03 10 Pierre Gasly Todas 22 Yuki Tsunoda Todas BWT Alpine F1 Team150px Alpine-Renault A522Renault E-Tech RE22 14 Todas 31 Esteban Ocon Todas Aston Martin Aramco Cognizant F1 Team150px Aston Martin-Mercedes AMR22 Mercedes-AMG F1 M13 5 Sebastian Vettel 3-21 18 Lance Stroll todas 27 Nico Hülkenberg 1-2 Scuderia Ferrari 150pxFerrariF1-75Ferrari 066/7 16 Charles Leclerc Todas 55 Carlos Sainz Todas Haas F1 Team150pxHaas-FerrariVF-22 Ferrari 066/7 20 Kevin Magnussen Todas 47 Mick Schumacher Todas McLaren F1 Team150px McLaren-MercedesMCL36Mercedes-AMG F1 M13 3 Daniel Ricciardo Todas 4 Lando Norris Todas Mercedes-AMG Petronas F1 Team 150pxMercedesMercedes-AMG F1 M13 44 Lewis Hamilton Todas 63 George Russell Todas Oracle Red Bull Racing 150pxRed Bull RacingRB18 1 Max Verstappen Todas 11 Sergio Pérez Todas Williams Racing150pxWilliams-MercedesFW44 Mercedes-AMG F1 M13 6 Nicholas Latifi Todas 23 Alexander Albon 1-15, 17-21 45 Nyck de Vries 16 Fonte:
Trocos nos equipos
Honda anunciou que non subministrarían unidades de potencia máis aló de . A compañía proporcionou unidades de enerxía a Scuderia AlphaTauri (anteriormente chamada Scuderia Toro Rosso) desde o e a Red Bull Racing desde o . Red Bull Racing asumirá o programa de motores de Honda e o xestionara internamente creando unha nova división chamada Red Bull Powertrains Limited. A decisión tomouse despois de meter presión aos outros nove equipos para que negociasen unha conxelación do desenvolvemento do motor ata . Red Bull Racing recoñeceu que abandonarían o campionato se non se acordara a conxelación do desenvolvemento de motores xa que carecían da capacidade para desenvolver un novo motor e non estaban dispostos a volver ser clientes de Renault.
Panthera Team Asia anunciou a súa intención de unirse á grella en 2022. O equipo tiña previsto entrar no campionato en , pero viuse obrigado a atrasar os seus plans por mor da pandemia da COVID-19. Non obstante, a falta de novas sobre o equipo puxo en dúbida a súa entrada potencial en 2022.
Trocos de pilotos Kimi Räikkönen anunciou a súa retirada ao final do campionato , rematando a súa carreira na Fórmula Un despois de 19 tempadas. O asento de Räikkönen en Alfa Romeo Racing será cuberto por Valtteri Bottas, que abandonara Mercedes a finais de 2021. George Russell substituíra a Bottas, abandonando o seu asento en Williams que será cuberto polo expiloto de Red Bull Racing Alexander Albon.
O piloto de Fórmula 2 Guanyu Zhou graduarase na Fórmula Un con Alfa Romeo Racing, en lugar de Antonio Giovinazzi, que deixará o equipo a finais de 2021. Zhou converteríase no primeiro piloto chinés en competir na Fórmula Un.
Nikita Mazepin debía competir orixinalmente conr Haas por segundo ano consecutivo. Tras a invasión rusa de Ucraína e a cancelación do patrocinio do título de Uralkali, recindíuse o seu contrato. Foi substituído por Kevin Magnussen, quen competiu por última vez en 2020 co mesmo equipo.
Cambios a media tempada Antes do Gran Premio de Bahrain, Sebastian Vettel deu positivo por coronavirus. Substituíuno no Aston Martin o piloto de reserva Nico Hülkenberg, quen correu a última vez no Gran Premio de Eifel de 2020, pilotando para o antigo equipo Racing Point.
Durante a fin de semana do Gran Premio de Italia, Alexander Albon sufriu apendicite. Foi substituído en Williams polo piloto de reserva de Mercedes e piloto de Fórmula E Nyck de Vries, que fixo o seu debut nunha carreira de Fórmula Un.
Lista de carreiras planificadas miniatura|upright=1.3|As Nacións programadas para albergar un Gran Premio de Fórmula 1 en 2022 resáltanse en verde, coas localizacións dos circuítos marcadas cun punto negro. As anteriores nacións de acollida móstranse en gris escuro, e os antigos circuítos anfitrións están marcados cun punto branco.
O calendario de 2022 consta de vinte e dous eventos, suxeitos a contrato entre os organizadores das carreiras e o Grupo de Fórmula Un, e as normativas permisivas co COVID-19 establecidas polos gobernos locais e o Grupo de Fórmula Un.
RoldaGran PremioCircuíto Data 1Gran Premio de Bahrain Circuíto Internacional de Bahrain, Sakhir20 de marzo2Gran Premio de Arabia Saudita Circuíto urbano de Jeddah, Jeddah27 de marzo3Gran Premio de Australia Circuíto de Albert Park, Melbourne10 de abril4Gran Premio da Emilia-Romaña Circuíto de Imola, Imola24 de abril5Gran Premio de Miami Autódromo Internacional de Miami, Miami Gardens, Florida8 de maio6Gran Premio de España Circuíto de Barcelona-Catalunya, Montmeló22 de maio7Gran Premio de Mónaco Circuíto de Mónaco, Mónaco29 de maio8Gran Premio de Azerbaidján Circuíto urbano de Bakú, Bakú12 de xuño9Gran Premio do Canadá Circuíto Gilles Villeneuve, Montréal19 de xuño10Gran Premio do Reino Unido Circuíto de Silverstone, Silverstone3 de xullo11Gran Premio de Austria Red Bull Ring, Spielberg10 de xullo12Gran Premio de Francia Circuíto Paul Ricard, Le Castellet24 de xullo13Gran Premio de Hungría Hungaroring, Mogyoród31 de xullo14Gran Premio de Bélxica Circuíto de Spa-Francorchamps, Stavelot28 de agosto15Gran Premio dos Países Baixos Circuíto Park Zandvoort, Zandvoort4 de setembro16Gran Premio de Italia Circuíto de Monza, Monza11 de setembro17Gran Premio de Singapur Circuíto urbano de Marina Bay, Singapur2 de outubro18Gran Premio do Xapón Circuíto de Suzuka, Suzuka9 de outubro19 Circuíto das Américas, Austin, Texas23 de outubro20gran Premio da Cidade de México Autódromo Hermanos Rodríguez, Cidade de México30 de outubro21Gran Premio de São Paulo Circuíto de Interlagos, São Paulo13 de novembro22Gran Premio de Abu Zabi Circuíto de Yas Marina, Abu Zabi20 de novembroFonte:
Ampliación e cambios do calendario Os grandes premios de Australia, Canadá, Xapón e Singapur volven ao calendario despois dunha ausencia de dous anos debido á pandemia de COVID-19. Está previsto que o Gran Premio de Miami faga o seu debut, e se prevé que a carreira teña lugar no Autódromo Internacional de Miami en Miami Gardens, Florida. Os grandes premios de Portugal, Estíria e Turquía non incluíronse na lista de carreiras de 2022 . Estes Grandes Premios engadíronse especificamente ao calendario en resposta á pandemia de COVID-19, para garantir que se puidesen celebrar tantas carreiras como fose posible. O Gran Premio de Qatar, que debutou no campionato de 2021 no Circuíto Internacional de Losail, non está presente no calendario de 2022. Está previsto que o Gran Premio volva en nun novo circuíto especialmente construído, despois dun parón dun ano durante o cal o país se centraría en acoller o Mundial de Fútbol de 2022. O Gran Premio da China estaba baixo contrato para figurar no calendario de 2022, pero non se incluíu debido ás restricións de viaxes chinesas relacionadas coa pandemia de COVID-19. O Gran Premio regresará no campionato de 2023. O Gran Premio de Rusia no Circuíto de Sochi, Sochi, que estaba programado para o 25 de setembro como a 17ª proba do campionato, suspendeuse inicialmente do calendario en resposta a Invasión rusa de Ucraína de 2022, antes de ser finalmente cancelado.
Cambios na regulación Normativa técnica O Campionato do Mundo de 2022 deberá revisar a normativa técnica. Estes cambios estaban previstos para a súa introdución na tempada , cos equipos desenvolvendo os seus coches ao longo de . Non obstante, a introdución da normativa atrasouse ata o campionato de 2022 en resposta á pandemia da COVID-19. Unha vez anunciado o atraso, prohibiuse aos equipos realizar calquera desenvolvemento dos seus coches do 2022 durante o ano natural do 2020.
Consultouse aos pilotos sobre o desenvolvemento da nova normativa técnica, que fixóse deliberadamente restritiva para evitar que os equipos desenvolvan deseños radicais que limiten a capacidade dos pilotos para adiantarse. A FIA creou un grupo de traballo especializado, ou comité de enxeñeiros, encargado de identificar e pechar as lagoas na normativa antes da súa publicación. A eliminación das lagoas impedirá, en teoría, que un equipo teña un coche dominante e, á súa vez, permitirá unha competición máis estreita en toda a pista ao tempo que mellorará a estética dos coches. Esta filosofía foi un dos principais obxectivos da nova normativa.
Aerodinámica e carrozaría