O Tratado de Lanhoso é un acordo asinado en 1121 entre o condado de Portugal e o reino de Castela no castelo de Lanhoso, no actual concello de Póvoa de Lanhoso. Características En 1112, logo da morte de Henrique de Borgoña, Tareixa de León foi nomeada condesa e rexente do seu fillo, Afonso Enríques, o futuro Afonso I de Portugal. Urraca de León e Castela, raíña de Castela e León, quería reclamar o condado portucalense. Logo de varias vitorias militares en 1116 e 1120, Urraca asediou a Tareixa de León no castelo de Lanhoso. Esta logrou salvar o seu goberno sobre o condado portucalense accedendo a ter vasalaxe a Castela. O tratado asinouse grazas á axuda de Diego Xelmírez, arcebispo de Santiago de Compostela, e de Paio Soares da Maia, arcebispo de Braga.
Para a académica Janaina Reis Alves na firma do tratado percíbese a Dona Urraca coa deconstrución da figura da muller como sexo fráxil. Urraca reinara por todo un período, enfrontou ataques do excónxuxe, subxugou a irmá e defendeu territorios, co mesmo éxito dos seus pares masculinos.
Notas
Categoría:1121 Categoría:Historia medieval de Galicia Categoría:Reino de Castela Categoría:Historia medieval de Portugal Categoría:Tratados do Reino de Portugal