O Trofeo Xacobeo 93 foi un torneo amigable de fútbol disputado en Vigo en 1992.
Historia En maio de 1992 a directiva do Celta de Vigo propúxolle a Manuel Fraga, naquel entón presidente da Xunta de Galicia, a celebración dun torneo amigable contra o Deportivo da Coruña, como parte dos actos de promoción do Ano Santo Xacobeo do ano seguinte. Finalmente incluíuse tamén ao Lugo e o Compostela nun torneo que se disputou en agosto en Balaídos co nome de Xacobeo 93, cun patrocinio de 50 millóns de pesetas da Xunta. O Deportivo e o Celta disputaron na final unha nova edición do seu particular derbi, despois de derrotaren a Compostela e Lugo respectivamente. O saque de honra foi realizado por Pelegrín e o club coruñés proclamouse campión cun solitario gol de Arturo.
A pesar de que se planeaba unha segunda edición en 1993 que serviría como inauguración do Estadio Multiúsos de San Lázaro, a Xunta non outorgou finalmente o patrocinio do Xacobeo, o que ocasionou duras críticas de José María Caneda a Vázquez Portomeñe. No seu lugar celebrouse o Trofeo Compostela 93.
Participantes Celta de VigoEquipo anfitrión Deportivo da Coruña17º na Primeira división española 1991/92 Compostela8º na Segunda división española 1991/92 Lugo2º na Segunda división B española 1991/92
Partidos Primeira semifinal
Segunda semifinal
Partido polo 3º posto
Final
Titulares: Cañizares Otero Patxi Salinas Jurić Atilano Gil Carlos Pérez Engonga Agirretxu Salva Paco Salillas Substitucións: Manel Sanromán Mosquera Adestrador: RojoTitulares: Liaño Mariano Antonio Đukić Ribera Sabin Bilbao Kiriakov Albistegi Nando Kirov ArturoSubstitucións: Mujika Mauro Silva ClaudioAdestrador: Arsenio
Notas
Véxase tamén Outros artigos Trofeo Xacobeo 99
Categoría:Torneos amigables de fútbol de Galicia Categoría:Fútbol en 1992 Categoría:1992 en Galicia Categoría:Deporte en Vigo