St Martin-in-the-Fields é unha igrexa anglicana situada na esquina nordeste da Trafalgar Square, na cidade de Westminster, Londres. Está dedicada a san Martiño de Tours.

Historia O edificio actual foi construído entre 1721 e 1726, en estilo neoclásico, polo arquitecto James Gibbs. O seu deseño foi bastante criticado na súa época, pero posteriormente fíxose famoso e foi copiado frecuentemente nos Estados Unidos.

E, na India, St Andrew's Church, no barrio Egmore de Chennai (Madrás), é unha copia desta igrexa.St. Andrew's Church .

Pola súa situación destacada, St Martin-in-the-Fields é unha das igrexas máis famosas de Londres. Tamén é coñecida polo seu traballo en favor das persoas sen fogar, a través do seu centro The Connection at St Martin-in-the-Fields.Sitio web de The Connection at St Martin-in-the-Fields

Nesta igrexa sir Neville Marriner deu en 1956 ps seus primeiros concertos de música barroca coa súa Academy of St Martin in the Fields.

Galería

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Escola de Arte de Saint Martin

Ligazóns externas *Sitio web de St Martin-in-the-Fields

Categoría:Igrexas anglicanas do Reino Unido Categoría:Londres Londres